ABANCA e UCCL colaboran cunha estratexia común para reactivar o sector agrario fronte á sequía e o aumento dos custos dos insumos
- O banco e Unión de Campesinos Castilla y León traballan en conxunto para favorecer a sostibilidade e mellora das explotacións agrarias
- Ambas entidades traballan para responder a desafíos como o aumento dos custos dos insumos, o conflito en Ucraína, que segue aumentando a volatilidade dos mercados, ou a sequía
ABANCA da un paso máis no seu compromiso co sector primario de Castela e León e traza unha estratexia común para impulsar a súa mellora e recuperación a través da firma dun convenio de colaboración coa Unión de Campesinos Castilla y León UCCL. O obxectivo principal deste acordo é reactivar o sector e responder aos desafíos aos que se enfronta, como o aumento dos custos dos insumos, a continuidade no aumento da volatilidade dos mercados debido ao conflito en Ucraína e a forte sequía que está afectando ás explotacións da rexión.
O acordo foi firmado, coincidindo coa feira Expobiomasa de Valladolid, na que ABANCA conta con stand propio, polo director territorial de ABANCA en Castela e León, Marcos Lamas, e o coordinador xeral de Unión de Campesinos Castilla y León UCCL, Jesús Manuel González.
O convenio establece unha serie de fórmulas de crédito deseñadas e creadas especificamente para os agricultores e reflicten o compromiso do banco e de UCCL Castilla y León coa sostibilidade. Nel tamén se recollen unha serie de produtos e servizos que permitirán poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Para facer isto posible, ABANCA pon a disposición dos agricultores beneficiarios unha serie de préstamos persoais, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos.
O acordo tamén detalla unha serie de liñas específicas para potenciar o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como leasing mobiliario, desconto comercial, préstamos para primas de seguros agrarios e diferentes alternativas de financiamento dos convenios co ICO, SGR nacionais, Instrumento Financiero de Gestión Centralizada do MAPA e SAECA.
Os integrantes de UCCL contarán con diferentes solucións para facer fronte aos retos da súa actividade diaria, como os préstamos anticipo para colleitas ou subvencións, a póliza de crédito específica para o sector, préstamos para os gastos de campaña ou anticipos para as axudas da PAC. Estes servizos permitirán aos agricultores diminuir os efectos causados polo aumento dos custos dos insumos xurdidos como consecuencia do conflito bélico en Ucraína e a forte sequía que está afectando á rexión. A través deste acordo, tamén poderán gozar das vantaxes do Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.
Xestores especializados e axudas PAC
ABANCA pon a disposición de UCCL Castilla y León a súa unidade especializada ABANCA Agro e ofrece así a cercanía e experiencia de xestores propios especificamente formados nas necesidades do campo, coa capacidade de crear produtos específicos para solventar situacións e necesidades imprevistas e asesorar aos agricultores. A través da firma deste convenio, tanto ABANCA como UCCL Castilla y León pretenden facilitar a domiciliación dos pagamentos e ofrecer alternativas de crédito para o seu anticipo aos agricultores. Con este anticipo poderán optar ata ao 90% do importe da axuda de forma rápida. O banco simplificou os trámites de acceso ás principais liñas de financiamento de circulante, como anticipos das axudas PAC, financiamento de primas de seguros agrarios ou gastos de campaña a través dun novo produto que permite ao cliente un importante aforro dos custos de formalización, entre outras vantaxes.
A firma deste acordo é unha mostra máis do compromiso que mantén ABANCA coa economía de Castela e León, en especial co sector primario, fundamental e esencial en toda a rexión.