ABANCA e Unións Agrarias reforzan a sostibilidade do sector primario galego
- A entidade financeira e o sindicato agrario firman un convenio que pon o acento no acceso ao crédito para mellorar a competitividade
- Os asociados terán acceso a produtos especificamente deseñados para dar resposta ás principais preocupacións dos profesionais
- O banco con sede en Galicia creou en xuño ABANCA Agro e Mar, unha peza clave que reforza a súa estratexia de apoio á agricultura e gandería
ABANCA e Unións Agrarias impulsan de maneira conxunta a sostibilidade do sector primario tras a firma dun novo convenio financeiro. Neste texto ambas entidades conxugan os seus esforzos e ofrecen solucións para as principais demandas dos asociados do sector.
Na sinatura, que tivo lugar hoxe na sede de Unións Agrarias en Santiago de Compostela, participaron o director de Banca Minorista de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García González. Tamén asistiron ao acto o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira, e o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro Caneda.
Unha aposta pola competitividade
ABANCA e Unións Agrarias centran a atención con este convenio na mellora do acceso ao crédito como ferramenta imprescindible para reforzar a competitividade das explotacións galegas e acadar a sostibilidade. Para adecuarse ás súas necesidades financeiras, o banco con sede en Galicia ofrece un amplo abanico de produtos entre os que destaca unha póliza de crédito que se pode estender ata cinco anos e que permite facer fronte aos investimentos dunha maneira flexible.
O texto asinado entre as dúas entidades inclúe outras opcións de financiamento con produtos expresamente adaptados ao sector como o desconto comercial, préstamos persoais ou hipotecarios, leasing ou avais. A aposta das dúas entidades por estes profesionais compleméntase coa opción de anticipar subvencións ou as PAC sen xuros ou sen comisiones ou fraccionar dun xeito flexible o pago de impostos. ABANCA tamén facilitará aos asociados de Unións Agrarias o acceso aos convenios subscritos con organismos públicos como Igape, ICO o SGR, que poñen o acento na modernización das instalacións ou o lanzamento de novos proxectos.
Aposta indiscutible polo sector primario
Unións Agrarias atende aos seus máis de 14.000 afiliados dende 34 oficinas repartidas por toda a xeografía galega. Fundada en 1983, conta cunha rede de proximidade que centra os seus esforzos na gandería, agricultura e o desenvolvemento rural. Estes últimos meses apoiaron moi activamente as reclamacións do sector lácteo, que se atopa ante una encrucillada crítica.
A entidade financeira galega, pola súa parte, presentou o pasado mes de xuño en Silleda a súa aposta polo sector primario: ABANCA Agro e Mar. Esta unidade especializada permite prestar servizos financeiros adaptados ás necesidades dos profesionais, empresas, cooperativas e outros axentes do sector primario do noso ámbito de influencia. Cun equipo de 600 xestores especializados en case 250 oficinas aténdense as necesidades da agricultura, gandería e pesca. Este apoio estratéxico compleméntase coa firma de convenios financeiros que, nos últimos meses, involucrou ás principais denominacións de orixe vinícolas de Galicia, así como importantes asociacións do sector pesqueiro.