• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA encargarase da restauración e protección do mural de Urbano Lugrís Vista de A Coruña 1669

  • A obra situarase para a súa rehabilitación e posterior exposición pública na oficina principal de ABANCA na Coruña
  • O banco recibe en comodato a obra e aumenta o seu compromiso coa conservación e difusión do patrimonio cultural dos galegos

Recreación do acceso á oficina principal de ABANCA na Coruña pola rúa Olmos cando finalice o proxecto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-08-2016
RSC

ABANCA encargarase da protección e restauración do mural de Urbano Lugrís Vista de A Coruña 1669 tras recibir en comodato a pintura mural. A obra, situada ata agora no número 74 da rúa Real e nun estado de conservación deficiente, está catalogada e incluída no Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) da Coruña, e sobre ela está incoado un expediente para a súa posible declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). O banco afronta esta responsabilidade e asume o custo económico correspondente dentro do seu compromiso coa conservación e difusión do patrimonio cultural galego.

O proxecto de ABANCA para a obra de Lugrís inclúe a extracción e traslado do mural dende a súa situación actual ata o acceso á oficina principal do banco na Coruña pola rúa Olmos, onde o público poderá contemplar os traballos de restauración. Con este fin, realizaranse as actuacións técnicas necesarias para a súa adecuada rehabilitación e tamén para a súa posterior exposición, con condicións ambientais que garantan a súa preservación e permitan a accesibilidade ao público xeral con fins educativos e culturais.

O obxectivo de ABANCA é respectar ao máximo o contexto orixinal da obra, de aí que se escollese un local practicamente contiguo ao actual. Ademais, manterase a mesma orientación e a súa exhibición como un mural, xa que no espazo recrearase un muro no que se integrará a obra. A zona elixida para acoller o mural de Lugrís contará tamén coa exhibición de forma rotatoria de outras obras de Urbano Lugrís da Colección de ABANCA e cunha pantalla na que se poderá ver o vídeo da restauración e acceder ao resto do contido da Colección ABANCA.

Informes técnicos previos e traballos supervisados por Patrimonio

O informe técnico encargado a principios de ano por ABANCA á empresa Arteca serviu para constatar o mal estado de conservación da peza realizada en 1952 para decorar a sede do Banco Hispano Suizo e recomendar o seu traslado mantendo o soporte orixinal mediante a técnica coñecida como stacco a masello, que consiste en arrincar a pintura mural incluíndo parte do soporte físico por ser a que menos modifica o aspecto da obra.

O mural foi extraído da súa situación nas últimas semanas seguindo esta técnica tras a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio que tamén se encargou de supervisar a realización dos traballos. Os seguintes pasos serán o traslado e instalación no novo espazo.

Aínda que non é a primeira vez que se realiza un proceso de extracción e traslado dun mural de Urbano Lugrís, neste caso a operación presenta unha maior complexidade polas dimensións da obra (245 x 910 cm).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .