• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA entrega na Guarda e Santiago os premios do proxecto de educación financeira Segura-Mente ABANCA

  • A Obra Social ABANCA puxo en marcha este curso a iniciativa co fin de acercar aos escolares a cultura da prevención
  • Os equipos de 5º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda e de 4º de ESO do colexio Divino Maestro de Santiago presentaron os mellores traballos

Grupo de 5º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda co seu premio.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O equipo de 4º de ESO do colexio Divino Maestro no acto de entrega do galardón.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-06-2019
RSC

A Obra Social ABANCASerás redirixido a outro sitio web vén de entregar os premios da primeira edición do proxecto de educación financeira Segura-Mente ABANCA ao CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo da Guarda e ao Centro Plurilingüe Colexio Divino Maestro de Santiago de Compostela, gañadores do concurso nas categorías de 3º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO e FP Básica, respectivamente.

Os traballos presentados polos equipos destes dous centros escolares galegos destacaron entre todos os recibidos pola súa orixinalidade, singularidade e calidade, así como pola súa creatividade. Nesta primeira edición do programa participaron en total 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 años de 274 centros escolares de toda España.

O director da oficina de ABANCA na Guarda, Juan Jesús González, foi o encargado de realizar a entrega do galardón, unha experiencia educativa para gozar en grupo, á clase de 5º de Primaria do CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo. No acto participaron tamén Iris Gómez e Gloria Baz, as dúas profesoras que lles deron apoio para realizar o mural colaborativo no que reflectiron todas as cousas que lles gustaría asegurar.

O equipo de 4º de ESO do colexio Divino Maestro de Santiago e as súas profesoras Elvira García, Raquel Rey e Mónica Fernández recibiron tamén o seu premio, outra experiencia educativa para toda a clase, da man de Sonia Lucio, directora comercial de ABANCA Seguros, e Ana Mirás Chico, directora da oficina Santiago-Rosalía de Castro de ABANCA. Nesta categoría, os estudantes elaboraron un completo proxecto para crear unha start-up no ámbito dos seguros pensada por e para adolescentes, no que incluíron o nome e logotipo da empresa, o seu modelo de negocio, a estratexia de mercado e o público obxectivo ao que se dirixía.

Aposta pola educación financeira

O programa Segura-Mente ABANCA foi unha das grandes apostas do banco no ámbito da educación financeira para este curso escolar, xunto co programa de simulación empresarial Young Business Talents. O obxectivo principal da iniciativa é sensibilizar a nenos e mozos na cultura da prevención de riscos e valorar a importancia dos seguros como unha inversión ante os imprevistos da vida, de acordo coas recomendacións da OCDE para mellorar a educación financeira da cidadanía e capacitar ás próximas xeracións para tomar decisións informadas na vida adulta.

O certame desenvolveuse a través da web www.programaseguramenteabanca.comSerás redirixido a outro sitio web para facilitar a participación do maior número de escolares posible, independentemente da súa situación xeográfica. Neste espazo facilitouse aos docentes o material didáctico necesario para traballar os contidos nas aulas e desenvolver o traballo final.

A iniciativa forma parte do programa de educación financeira que desenvolve a Obra Social ABANCA desde 2015, que se caracteriza por ser universal e inclusivo, cunha ampla variedade de actividades dirixidas a mellorar a cultura financeira dos diferentes colectivos sociais, desde a infancia ata os maiores de 60 anos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .