• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA estreita a súa colaboración con dúas das principais denominacións de orixe cacereñas

  • A entidade financeira achégase aos retos do CRDOP Pimentón de La Vera e Picota del Jerte DOP e ofrece unha oferta adaptada
  • O banco pon en valor a súa rede comercial de proximidade e a súa experiencia no sector primario, onde conta coa unidade especializada ABANCA Agro
  • ABANCA deseña produtos facer fronte aos efectos económicos da pandemia, pero tamén para impulsar os investimentos estratéxicos

O director executivo de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa (terceiro pola dereita) durante a sinatura dos convenios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-12-2020
Negocio

ABANCA avanza no seu compromiso co sector primario de Estremadura e estreita lazos con algunhas das principais denominacións de orixe protexidas da comunidade. A entidade asina un acordo estratéxico de colaboración para abordar as necesidades dos seus produtores e elaborar alternativas a medida para afrontar tanto as necesidades derivadas da pandemia como as súas propostas futuras.

Este acordo transversal foi asinado en paralelo polo director executivo de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, coa presidenta do CRDOP Pimentón de La Vera, Teresa Bartolomé, e co presidente de Picota del Jerte DOP, Emilio Sánchez. Á sinatura, organizada na sede da entidade financeira en Cáceres, tamén asistiron o director territorial de ABANCA en Estremadura/Sur, Óscar Salgado, o director de zona de ABANCA en Cáceres, Benjamín Gómez, e o coordinador de ABANCA Agro na rexión, Roberto Torres.

Este impulso permite a ABANCA ofrecer unha proposta única para dúas das denominacións de orixe máis representativas da provincia, que proxectan no exterior a imaxe duns produtos moi recoñecidos e valorados. O acordo atalla algúns dos retos que presenta a situación sanitaria actual e os seus efectos sobre a economía a través do financiamento oficial da liña ICO COVID-19.

Pero ademais desta resposta adaptada á situación, os acordos reivindícanse como un poderoso aliado tanto para facer fronte ás necesidades máis perentorias, como para propostas de futuro comprometidas coa mellora da competitividade do sector primario. Os membros destas denominacións de orixe de Cáceres xa teñen acceso á oferta sectorial do banco, que inclúe produtos como préstamos persoais ou leasing para o sector agrogandeiro, con longos prazos que poden chegar ata os 12 anos. Opcións ideais para afrontar os investimentos e impulsar procesos clave como a renovación de maquinaria, a modernización de cultivos ou a introdución de enerxías renovables.

Xunto a estas propostas vinculadas á mellora competitiva, tamén destacan outras solucións que forman parte do día a día. Entre estes produtos destaca a póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos, que ofrece liquidez e reduce os custos de formalización ao longo do seu período. Unhas propostas que se engaden a outros produtos moi demandados como o anticipo da colleita ou o préstamo da campaña, que completan un atractivo catálogo que inclúe tamén liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto. Todo isto sen esquecer a liña de seguros agrícolas do banco, que permite o seu pago fraccionado ata 12 meses sen xuros e co único custo dunha comisión de apertura.

O acordo con estas importantes denominacións de orixe retoma o camiño iniciado hai uns meses con dúas importantes cooperativas agrícolas en Estremadura e é o paso previo a novos acordos con outros consellos reguladores da rexión. En definitiva, supón un apoio estratéxico a toda a cadea de valor dun sector clave para a economía da provincia que a entidade financeira pon en marcha grazas á experiencia da súa unidade especializada ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .