• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA estreita a súa colaboración cos armadores de Burela para ofrecer solucións financeiras sostibles ao sector

  • Ambas as entidades fixan como obxectivo impulsar cuestións clave como a renovación da frota ou responder ao financiamento de estacionalidades
  • O banco ofrece o seu coñecemento do sector, a través da unidade especializada ABANCA Mar, para transformar o mundo da pesca e reforzar a súa competitividade

Representantes de ABSA e de ABANCA, durante o acto na caseta da entidade financeira na XIX Feira Expomar.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Representantes de ABSA e de ABANCA, durante o acto na caseta da entidade financeira na XIX Feira Expomar.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

11-05-2023
Negocio

ABANCA e Armadores de Burela S.A. (ABSA) acaban de renovar o seu histórico acordo de colaboración co obxectivo de dar resposta ás demandas dun sector fundamental para a comarca da Mariña e para o resto de Galicia. A firma do novo convenio tivo lugar en Burela, coincidindo coa celebración da XIX Feira Expomar, que conta cunha caseta propia de ABANCA.

A directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena, foi a encargada de asinar o acordo co presidente de Armadores de Burela S.A., Abelardo Basanta. Ao acto tamén asistiron o xerente de ABSA, Miguel Neira; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, o coordinador da mesma unidade, Miguel Ríos; o director de zona de ABANCA na Mariña-Terra Chá, Carlos Teijeiro; e o director da oficina de ABANCA en Burela, José Javier Parga. Tras a rúbrica, ambas as entidades destacaron a transcendencia de manter este tipo de alianzas, sobre todo despois duns anos especialmente complicados para o sector debido á crise sanitaria, as posteriores dificultades derivadas da invasión rusa de Ucraína e os novos requisitos da política pesqueira comunitaria.

Este acordo supón unha aposta clara pola mellora integral da sustentabilidade do sector, fomentando a renovación da frota e a substitución das embarcacións actuais por outras máis eficientes e respectuosas co medio ambiente, con financiamentos de hipotecas navais adecuadas na estrutura necesaria para o armador. Ademais, o acordo tamén recolle un extenso catálogo de financiamento con liñas e solucións de crédito deseñadas para responder aos problemas cotiáns da actividade pesqueira, avanzar na resposta ao financiamento de estacionalidades e o anticipo de subvencións do novo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

O texto dá igualmente cabida a outros produtos que tamén facilitan a mellora da competitividade dos asociados, como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou seguros especializados, entre outros.

Ao servizo do sector pesqueiro

ABANCA mantén unha estreita vinculación co sector primario e o seu tecido industrial en Galicia, e moi especialmente co complexo mar-industria. A entidade financeira conta cunha unidade especializada, ABANCA Mar, pioneira e exclusiva na banca española, que ofrece respostas a medida a toda a cadea de valor a través dun equipo de profesionais altamente formados e un catálogo de produtos e servizos propio que se adapta ás necesidades de cada momento.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .