• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA facilita a empresas, microempresas e autónomos o acceso ás axudas Kit Dixital

  • O banco financia os proxectos de dixitalización aos beneficiarios do bono dixital e anticipará as axudas aos axentes digitalizadores

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-03-2022
Negocio

ABANCA pon a disposición dos seus clientes diferentes solucións financeiras para beneficiarse do programa de axudas públicas Kit Dixital, dotado con fondos europeos Next Generation EU e orientado a impulsar a dixitalización do tecido produtivo. A entidade deseñou unha oferta específica en condicións moi axustadas para a primeira convocatoria destas axudas, que vai dirixida a empresas e microempresas de entre 10 e 49 empregados e autónomos, ten unha dotación de 500 millóns de euros e estará vixente entre o 15 de marzo e o 15 de setembro de 2022 (ou ata que se esgoten os fondos).

Financiamento e anticipo de axudas

ABANCA ofrece aos seus clientes dous tipos de solucións financeiras. Por unha banda, préstamos a tipo fixo ou variable para financiar a realización de proxectos de dixitalización. O máximo a financiar é o importe do proxecto, descontando o bono dixital, isto é, a axuda concedida. O programa Kit Dixital establece os seguintes destinos para as axudas: presenza en internet, comercio electrónico, redes sociais, xestión de clientes, business intelligence e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, servizos e ferramentas de oficina virtual, seguridade nas comunicacións e ciberseguridad.

Se o beneficiario da axuda necesita apoio na tramitación, ABANCA pon á súa disposición un servizo específico, en colaboración con Minsait, que cobre cuestións como asesoramento, test de madurez dixital da empresa, información sobre solucións dixitais e requisitos, tramitación de solicitudes, resolución de dúbidas e seguimento até a resolución da solicitude.

Doutra banda, ABANCA proximamente anticipará o bono dixital aos axentes digitalizadores. Estes axentes son as empresas, rexistradas ante a administración, que actúan como provedores das solucións e servizos tecnolóxicos dixitais para as empresas, microempresas e autónomos.

Outras accións de apoio

Con esta nova iniciativa, o banco segue ampliando o plan de apoio aos seus clientes para acceder ás axudas Next Generation. ABANCA conta con diferentes fórmulas de financiamento que complementan o importe das axudas (para usos como a adquisición de vehículos ecolóxicos e puntos de recarga, a execución de instalacións de autoconsumo e almacenamento de enerxías renovables e a rehabilitación enerxética de edificios, entre outros), así como financiamento anticipado para facer viable cada unha das fases dos proxectos.

Ademais, ABANCA pon á súa disposición un servizo de procura e xestión de axudas en colaboración con Minsait (https://abanca-ayudaspublicas.minsait.comSerás redirixido a outro sitio web) e un servizo de asesoramento para proxectos de especial complexidade, envergadura ou requirimentos de investimento en alianza con Analistas Financieros Internacionales (Afi). Adicionalmente, o banco está a desenvolver diferentes accións divulgativas dirixidas aos potenciais destinatarios.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .