ABANCA felicita o Nadal con postais deseñadas polos fillos e fillas dos seus empregados
As postais coas que todo o cadro de persoal de ABANCA felicitará este ano o Nadal a clientes, provedores e amigos foron deseñadas polos fillos e fillas dos propios profesionais do banco que participaron no concurso infantil de debuxo de Nadal convocado pola entidade.
O certame, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 años, alcanzou este ano a súa cuarta edición con gran éxito. Para participar, os pequenos só tiveron que realizar un debuxo de temática de Nadal coa súa técnica preferida, ben un debuxo tradicional ou un deseño realizado por ordenador. En total, presentáronse ao certame 124 creacións orixinais.
Os catro mellores traballos, dous por cada unha das categorías establecidas en función da idade dos participantes, recibiron como recoñecemento un estoxo de pinturas no caso dos máis pequenos, de 3 a 7 anos, e unha tableta para os maiores, de 8 a 12 anos. Ademais, eses debuxos son os que agora utilizará o banco para felicitar o Nadal.
Con este tipo de iniciativas o banco busca fomentar o espírito de Nadal entre os seus empregados e as súas familias, ademais de ofrecer un incentivo aos máis pequenos para realizar unha actividade creativa nun período tan entrañable como as festas de Nadal.