• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA finaliza a integración de TARGOBANK coa migración tecnolóxica e o cambio de marca

  • Os 153.000 clientes integrados poden beneficiarse dunha oferta comercial máis ampla e especializada, maiores capacidades dixitais e atención persoal en máis de 700 oficinas

Oficina de TARGOBANK en Valencia, tras a implantación da marca ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Exterior dunha das oficinas de TARGOBANK en Madrid, xa coa rotulación de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

10-06-2024
Corporativo

ABANCA concluíu o plan de integración de TARGOBANK. Os últimos fitos do proceso, a migración tecnolóxica e operativa do negocio e canles de atención á plataforma de ABANCA, a fusión legal e a implantación da súa marca na rede de oficinas, completáronse con éxito entre o pasado venres e a fin de semana, segundo o calendario previsto.

Desde hoxe, os 153.000 clientes e as 35 oficinas procedentes da antiga filial de Banque Fédérative du Crédit Mutuel, así como as súas canles a distancia, están integrados, para todos os efectos, en ABANCA. A fusión achega a estes clientes claros beneficios, entre os que destacan maiores capacidades dixitais e tecnolóxicas. A través da banca móbil de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, teñen acceso a servizos que ata o de agora non tiñan dispoñibles, como a firma de contratos e operacións financeiras, o pago en comercios, o aprazamento de compras realizadas con tarxeta, a posibilidade de xerar tarxetas virtuais para comprar de forma segura na internet, pagos en liña desde Bizum ou o broker en liña para operar en bolsa.

Ademais destas innovacións, os clientes poden acceder a atención persoal a través dunha rede de máis de 700 oficinas en España e outros dez países de Europa e América, e xa desde o inicio do proceso teñen á súa disposición case os 1.300 caixeiros automáticos da rede de ABANCA (e outros 8.000 froito de alianzas con Euro 6000Serás redirixido a outro sitio web). ABANCA tamén proporciona unha oferta financeira máis ampla e diversificada tanto para familias como para pemes e empresas, cun alto grao de especialización en distintos segmentos de clientes e liñas de negocio como seguros, investimento, medios de pago e consumo.

Maior presenza nacional

Para ABANCA, a integración de TARGOBANK supón un importante avance na súa estratexia de crecemento e dimensionamiento xeográfico no territorio español. Achega máis de 6.000 millóns de euros en volume de negocio cunha rede complementaria que permite á entidade reforzar o seu posicionamento no negocio a clientes particulares e empresas, e ampliar de forma significativa a súa presenza comercial no arco mediterráneo, Andalucía e Madrid. Ademais de sinerxias no negocio e seguindo a política de procesos anteriores, ABANCA sumou o talento, profesionalidade e boas prácticas dos equipos da entidade adquirida, coa incorporación, neste caso, de case 500 profesionais.

As cifras da migración

O proxecto de integración tecnolóxica comezou a prepararse o pasado mes de outubro e incluíu tres ensaios previos. Ademais, ao longo destes meses despregouse un plan de comunicación aos clientes sobre os cambios derivados da unificación e un programa formativo sobre as ferramentas e a contorna de traballo de ABANCA, dirixido ao persoal da entidade adquirida.

A migración efectiva realizouse durante a pasada fin de semana, segundo a planificación establecida e sen incidencias no servizo aos clientes. Previamente, completouse a fusión legal das dúas entidades, tras recibir a autorización correspondente do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.

No proceso participaron máis de 430 profesionais de ambas as entidades, repartidos en 13 equipos de traballo. En total, entre o venres e o domingo executáronse máis de 900 tarefas e se migraron á plataforma tecnolóxica de ABANCA 24,5 millóns de ficheiros e 468.000 contratos, entre outros rexistros.

Simultaneamente ás tarefas de consolidación informática, durante a fin de semana realizouse o cambio de marca nos centros e canles de atención de TARGOBANK, que xa mostran a imaxe corporativa de ABANCA (Bankoa ABANCA no País Vasco). A entidade substituíu toda a rotulación exterior e interior dos centros integrados, repartidos en 20 provincias. Desde o peche da operación de compravenda, a entidade adquirida xa operaba baixo a marca transitoria TARGOBANK Grupo ABANCA.

A integración tecnolóxica pon fin ao proceso iniciado en decembro de 2022 coa apertura de negociacións en exclusiva entre ABANCA e Banque Fédérative Crédit Mutuel para a adquisición de TARGOBANK España. Estas conversacións materializáronse tres meses despois, unha vez recibidas as preceptivas autorizacións administrativas, nun acordo de compravenda que culminou en outubro de 2023 coa firma da operación entre ambas as partes.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .