• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA finaliza con éxito a integración do negocio de Novo Banco

  • Os clientes de Novo Banco benefícianse de maiores capacidades tecnolóxicas, máis produtos e servizos, especialización en novos segmentos e presenza internacional

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-10-2022
Corporativo

ABANCA finalizou a integración do negocio de Novo Banco en España coa realización da última operación do proceso, o paso da actividade á plataforma tecnolóxica e operativa de ABANCA. O proceso completouse esta fin de semana con éxito e sen incidencias. Os clientes de Novo Banco poden operar xa con total normalidade, tanto de maneira presencial na rede de oficinas de ABANCA, como a través das súas canles de banca a distancia (banca electrónica, móbil e telefónica). A migración tecnolóxica pon fin a un proceso iniciado en abril de 2021 co anuncio do acordo preliminar entre ABANCA e Novo Banco SA para a compravenda do negocio de Novo Banco en España.

A operación robustece o posicionamento de ABANCA en España, moi especialmente en Madrid; e en segmentos de negocio que son estratéxicos para a entidade, como o negocio de banca Persoal e Privada e o negocio de empresas, especialmente na operatoria fóra de balance e a actividade exterior.

Novo Banco achega potencial de crecemento en liñas como a actividade aseguradora. O negocio asegurador atópase en pleno crecemento en ABANCA tras o relanzamento da compañía de Vida e a creación de ABANCA Seguros Generales conxuntamente con Crédit Agricole Assurances, que xa conta con varios produtos propios no mercado.

Migración de 260.000 contratos

Todo o proceso de integración tecnolóxica (planificación, ensaios previos e paso definitivo á plataforma ABANCA) desenvolveuse segundo o calendario previsto e sen incidencias. As operacións foron realizadas por un equipo de máis de 300 profesionais e 12 grupos de traballo de ambas as entidades. En total, executáronse 1.460 tarefas e 3 ensaios para completar a migración de 661 millóns de rexistros e 260.929 contratos.

A integración tecnolóxica supón vantaxes significativas para os clientes de Novo Banco, que se benefician de maiores capacidades tecnolóxicas, atención persoal nunha rede de 624 oficinas en España e 678 en todo o mundo, acceso a 1.166 caixeiros automáticos propios e outros 14.500 froito dos acordos con Euro 6000 e outras entidades financeiras, especialización en segmentos como empresas, banca privada e persoal, seguros, agro, mar, e crédito ao consumo, maior diversificación do catálogo de produtos, e presenza internacional en 11 países de Europa e América.

Sexta operación corporativa desde 2014

ABANCA probou con éxito o seu modelo de integración doutras entidades nas operacións corporativas que realizou nos últimos anos. A primeira foi a integración en 2014 do Banco Etcheverría; en 2017 realizouse a compra de Popular Servizos Financeiros; en 2018, ABANCA adquiriu Deutsche Bank PCB, e tamén en 2018 comprou a Caixa Geral de Depósitos o seu banco en España, Banco Caixa Geral. En 2020 produciuse a compra de Bankoa, cuxo proceso de integración en ABANCA finalizou no cuarto trimestre de 2021.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .