• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA fixa como prioridades para 2017 gañar clientes e consolidar a súa transformación comercial e dixital

  • A entidade pon o foco no negocio con pemes, micropemes, comercios, autónomos e banca personal e privada, e impulsa a atención especializada a estes segmentos
  • O banco reforza a súa aposta polo crédito empresarial, o financiamento ao consumo, os medios de pago, os seguros, os fondos de investimento e os plans de pensións
  • Potenciará a innovación en canles e servizos dixitais para mellorar a relación co cliente

O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o presidente de ABANCA, Javier Etcheverría, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, nun intre da convención.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-02-2017
Corporativo

A captación de novos clientes e o incremento da actividade con pemes, micropemes, comercios e autónomos serán obxectivos prioritarios de ABANCASerás redirixido a outro sitio web en 2017, ano no que o banco culmina o seu primeiro Plan Estratéxico.

Os principais directivos de ABANCA expuxeron hoxe as grandes liñas de actuación e obxectivos establecidos para este ano na convención anual do banco, que congregou na Coruña a máis dun milleiro de empregados da división comercial e as distintas áreas de apoio ao negocio. No encontro participaron o presidente da entidade, Javier Etcheverría de la Muela; o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado, Francisco Botas Ratera, que estiveron acompañados polo resto do comité de dirección e do consello de administración. Así mesmo, asistiron á reunión os directores de oficina e directivos da entidade.

Durante a convención, os directivos recalcaron que o crecemento da base de clientes e o aumento da vinculación e fidelización serán, xunto co foco na actividade ‘micro’, claves para alcanzar os obxectivos de negocio e de rendibilidade fixados para este ano. A entidade priorizará a actividade con pemes, micropemes, comercios e autónomos e a concesión de crédito a estes colectivos, especialmente, a través do financiamento de circulante. Ademáis, o banco potenciará a captación de clientes e o negocio con outros segmentos de valor, como a banca persoal e privada.

ABANCA ten previsto consolidar durante este ano o novo modelo de especialización por segmentos de clientes iniciado en 2016, que constitúe un dos piares da transformación comercial que está acometendo a entidade. “Imos consolidar a especialización da nosa estrutura comercial para ofrecer aos nosos clientes unha xestión máis personalizada, que poida satisfacer as súas demandas e garantir o seu benestar financeiro, co obxectivo de mellorar a súa experiencia e lograr que nos posicionen como a súa entidade de referencia”, apuntou Francisco Botas durante a convención.

Último ano do Plan Estratéxico

Pola súa parte, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, desvelou que a entidade xa cumpriu, a día de hoxe, a gran maioría dos obxectivos establecidos no Plan Estratéxico 2015-2017. “Melloramos notablemente o noso perfil financeiro, logramos un crecemento e rendibilidade superiores ao mercado e asentamos unha posición de solvencia que nos sitúa de maneira recorrente entre as entidades máis sólidas. Estes logros conseguímolos cunha estratexia na que priman, ademáis da rendibilidade, a sostenibilidade, o control do risco e a orientación ao cliente”, indicou.

No último ano de vixencia do Plan Estratégico, ABANCA seguirá priorizando a mellora da eficiencia e reforzará a súa aposta polas liñas de negocio de financiamento ao consumo, medios de pago, seguros e a actividade de fóra de balance (fondos de investimento e plans de pensións). A entidade consolidará durante este ano o desenvolvemento da súa nova unidade ABANCA Consumer Finance, coa que pretende mellorar o seu posicionamiento no mercado de consumo, ao tempo que aspira a gañar cuota de mercado nos negocios de tarxetas e fondos de investimento.

Dixitalización

ABANCA dará durante 2017 un novo impulso á súa estratexia de dixitalización coa posta en marcha de novos proxectos de tecnoloxía e innovación financeira enfocados a mellorar a experiencia do cliente coa entidade e reducir a carga administrativa en oficinas. Entre outras iniciativas, o banco ten previsto o lanzamento de novos servizos e canles de comunicación cos clientes dixitais e a potenciación da contratación online.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .