• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA habilita financiamento por importe de 300 millóns para as empresas da área da Coruña

  • Os beneficiarios son as empresas dos polígonos de Agrela, Pocomaco, Sabón, Bergondo, Río do Pozo, As Pontes - Seara, Espírito Santo - Cambre, Alvedro e Os Capelos – Carral
  • O acordo de colaboración foi subscrito esta mañá polo conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e os representantes das áreas industriais

De esquerda a dereita na imaxe, os representantes das áreas industriais de Espíritu Santo - Cambre (Isaac Rodríguez Sánchez), Río do Pozo (Jesús Manuel Mera Hermida), Os Capelos – Carral (Juan Vega Álvarez) e Agrela (José Antonio López López), o conselleiro delegado de ABANCA (Francisco Botas), e os representantes de Sabón (Manuel Rivas Caridad), Pocomaco (Ricardo Tormo Massignani), Bergondo – ASEB (Rebeca Rojano Marcos) e Alvedro (Emilio Fernández Gómez).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-11-2017
Negocio

ABANCA e nove polígonos industriais da Coruña e a súa área de influencia subscribiron un acordo de colaboración polo que a entidade financeira porá a disposición das empresas situadas nestas zonas unha nova liña de financiamento adicional por importe de ata 300 millóns de euros.

Este importe, que se sumará ás operacións de financiamento xa concedidas por ABANCA, supón un novo paso adiante no compromiso da entidade financeira co desenvolvemento do tecido económico da súa contorna. Especificamente, o acordo ten por obxectivo financiar investimentos na industria para apoiar a súa modernización e competitividade.

O convenio foi subscrito esta mañá na sede de ABANCA na Coruña polo conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, e os representantes das áreas industriais de Agrela (José Antonio López López), Alvedro (Emilio Fernández Gómez), Pocomaco (Ricardo Tormo Massignani), Sabón (Manuel Rivas Caridad), Bergondo - ASEB (Rebeca Rojano Marcos), Río do Pozo (Jesús Manuel Mera Hermida), Espírito Santo - Cambre (Isaac Rodríguez Sánchez) e Os Capelos - Carral (Juan Veiga Álvarez).

“A nosa vocación é ser o socio financeiro de referencia para as empresas, os comercios e os autónomos, con cuxo futuro e crecemento mantemos un sólido compromiso materializado a través da concesión de financiamento e o apoio en servizos que repercuten día a día na nosa contorna”, sinalou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Oferta integral

As operacións de financiamento correspondentes a esta iniciativa de apoio aos empresarios realizaranse a través dunha oferta financeira deseñada por ABANCA para cubrir mediante diferentes produtos financeiros en condicións vantaxosas as necesidades das empresas, desde a liquidez para o desenvolvemento das actividades do día a día ata o financiamento de investimentos a longo prazo.

As empresas asociadas ás áreas industriais incluídas no acordo (Agrela, Pocomaco, Sabón, Bergondo, Río do Pozo, As Pontes - Seara, Espírito Santo - Cambre, Alvedro e Os Capelos – Carral) poderán beneficiarse así mesmo das liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con organismos como ICO e IGAPE e dos protocolos existentes coas sociedades de garantía recíproca Sogarpo e Afigal.

Tamén están incluídos no acordo servizos de terminal punto de venda, financiamento en punto de venda (APLAZOS), seguros e banca a distancia, así como o Programa Cero Comisións, que permite aos clientes de ABANCA eliminar custos polas súas xestións máis habituais.

ABANCA na Coruña

Na súa dirección territorial Coruña, que engloba os polígonos beneficiarios deste acordo, ABANCA conta cunha rede comercial formada por 98 oficinas minoristas, 2 de empresas, 1 de banca persoal e 1 de banca privada, que suman en conxunto un total de 579 profesionais. Na Coruña, ABANCA incrementou a concesión de crédito ata outubro nun 2,3% tanto en longo empresa como en operacións de circulante.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .