• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA impulsa a educación financeira de 550 escolares co Gran Prix Financeiro

  • O xogo educativo da Obra Social ABANCA visitará as próximas semanas catro centros escolares das provincias da Coruña e Pontevedra.
  • A actividade forma parte do programa de educación financeira que desenvolve o banco en colaboración con Afundación desde 2015.
22-05-2018
RSC

Un total de 550 escolares de catro centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra gozarán as próximas semanas do Gran Prix Financeiro de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, unha proposta que lles permitirá un primeiro achegamento aos conceptos financeiros dun modo lúdico e divertido.

A actividade, que forma parte do programa de educación financeira que desenvolve o banco en colaboración con AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web, comezou este martes 22 de maio no CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo (Culleredo). A continuación, o 28 de maio, chegará ao CPR Os Salgueiros de Pontevedra. Xa en xuño, entre os días 11 e 13, está previsto que participen no xogo educativo alumnos e alumnas do CEP de Vetín, en Ames. O CPR Santo Domingo da Coruña, que acollerá a proposta os días 19 e 20 de xuño, pechará a primeira fase deste percorrido polos colexios galegos.

Tras as vacacións escolares, o Gran Prix Financeiro renovará o seu periplo polos centros educativos de Galicia. Está previsto que antes de que finalice este ano máis de 2.000 escolares tivesen o seu primeiro contacto coas finanzas grazas a esta proposta de ABANCA e Afundación.

O Gran Prix Financeiro é un xogo deseñado co obxectivo de mostrar ao público infantil que o diñeiro non aparece por encantamento, a distinguir entre o necesario e o desexado, e que non sempre podemos ter o que queremos. A través de situacións cotiás os participantes aprenden a importancia de xestionar correctamente o diñeiro.

ABANCA apostou desde os inicios do seu programa de educación financeira por formatos innovadores que lle permitan chegar con máis facilidade ao público ao que van dirixidas as accións. No caso dos escolares, ademais do Gran Prix Financeiro, o banco promoveu dúas producións escénicas, ‘De los cuentos a las cuentas’ e ‘Laberinto’, que permitiron empezar a concienciar a miles de nenas e nenos galegos da necesidade de realizar unha xestión adecuada das finanzas persoais e das consecuencias que implican as decisións neste ámbito.

O uso do teatro no ámbito da educación financeira permitiu a ABANCA obter en 2016 o recoñecemento ao mellor proxecto para mozos nos premios á Obra Social e á Educación Financeira que organiza a revista Actualidad Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .