• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA impulsa a educación financeira de máis de 5.000 escolares coa obra de teatro ‘Labirinto’

  • Alumnos e alumnas de 42 centros escolares seguirán este xoves en directo desde as súas aulas a representación teatral a través de Afundación TV
  • A actividade completarase o vindeiro mércores 16 de decembro cun coloquio en liña co director e os actores
  • A produción teatral forma parte do programa de educación financeira que desenvolven ABANCA e Afundación ao longo do curso escolar

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-12-2020
RSC Sostenibilidad

Un total de 5.065 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria de 42 centros escolares asistirán este xoves 10 de decembro desde as súas aulas á representación da obra de teatro ‘Labirinto’, que forma parte do programa de educación financeira que desenvolven ABANCA e Afundación ao longo do curso escolar.

Os escolares seguirán a retransmisión da proposta escénica en streaming a través dos directos de Afundación TV co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria. Ademais, este formato facilita que participen na actividade colexios de dez provincias españolas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, León, Valladolid, Asturias, Cáceres, Badajoz e La Rioja.

‘Labirinto’ é unha das tres montaxes teatrais encargadas por ABANCA á compañía Zarándula co fin de aproveitar o potencial das artes escénicas para captar a atención do público infantil e conseguir trasladar aos máis pequenos conceptos que doutro xeito resultaría complicado explicarlles.

Neste caso, o obxectivo da obra é transmitir aos nenos e nenas a importancia dunha correcta xestión da economía no fogar e como as súas accións poden ter un papel fundamental para mellorar o aforro familiar.

A actividade completarase o vindeiro mércores 16 de decembro cun encontro en directo no que os escolares poderán conversar co autor e director da montaxe, Carles García, experto en economía financeira, e os tres actores que poñen en escena a historia, María Martínez-Losa Ezquerro, Rubén García Buñuelos y Alejandro López Tejedor, que falarán aos alumnos e alumnas sobre consumo responsable e como asumir e superar as crises, entre outros temas que se abordan na obra.

Programa de educación financeira

A representación en streaming de ‘Labirinto’ e o posterior coloquio co director e os actores protagonistas forma parte do programa de educación financeira deseñado por ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, para este curso escolar marcado pola pandemia da covid-19, que obrigou a adaptar as propostas habituais para garantir as medidas de seguridade sanitaria.

O programa inclúe tamén outras actividades dirixidas ao público escolar que se poden seguir en liña tanto desde a aula como desde os fogares, como o xogo interactivo ‘A tola aventura do aforroSerás redirixido a outro sitio web’, que ten como finalidade achegar aos participantes conceptos financeiros que lles servirán na súa vida adulta, ou a aventura inmersiva ‘Segura-mente ABANCASerás redirixido a outro sitio web’, na que o alumnado se enfronta a imprevistos simulados co fin de consolidar a súa capacidade de xestionar riscos e axustar decisións de investimento.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .