ABANCA impulsa a mellora competitiva do sector pesqueiro na ría de Pontevedra
- A entidade financeira renova o seu convenio de colaboración coas confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó e coa lonxa de Campelo
- O banco recolle as demandas dos profesionais do mar e continúa ampliando o catálogo de produtos a disposición do colectivo
- ABANCA incorpora a experiencia dos seus xestores de seguros para empresas, que ofrecerán propostas á medida do sector
ABANCA continúa reforzando o seu apoio ao mundo do mar en Galicia y renova os convenios de colaboración que a unen cos principais axentes do sector. É o caso das últimas firmas, celebradas coa Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra, a Confraría de Pescadores San Andrés de Lourizán, a Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó e a lonxa de Campelo. Unhas rúbricas que serven non só para ampliar as opcións de crédito a disposición deste colectivo, senón tamén para coñecer de cerca os retos e desafíos dun sector clave para a economía da ría de Pontevedra.
O acto de renovación dos convenios contou coa participación da directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández; así como co patrón maior da Confraría de Pescadores de Pontevedra, César Rodríguez; co patrón maior da Confraría de Pescadores de Raxó, Yago Tomé; e coa patroa maior da Confraría de Lourizán e presidenta da lonxa de Campelo, María del Carmen Vázquez. Ao acto tamén asistiron outros representantes de negocio do banco e das confrarías.
O novo texto permite a estes axentes poñer en marcha novas iniciativas para reforzar a súa competitividade. Isto é posible grazas a produtos especificamente deseñados para os traballadores e as empresas do mar. Entre eles, inclúense solucións xa coñecidas como o préstamo persoal, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais, anticipos a subvencións ou pagamento de impostos e financiación oficial a través do Igape e ICO.
O foco de este ano está posto tamén en dar respostas áxiles ás súas necesidades máis inmediatas. Para iso, o banco habilita unha póliza de crédito para o sector pesqueiro, así como anticipos por paros biolóxicos e outras opcións de financiación a curto prazo. Non se deben esquecer tampouco as opcións para renovación da flota, con produtos creados para este cometido, que serven para acadar a mellora competitiva das embarcacións.
As alternativas a disposición de confrarías e lonxa complétanse cun novo modelo de racionalización do catálogo de seguros para este segmento, que vai permitir ofrecer respostas dunha maneira máis áxil. Isto é posible grazas a un equipo de xestores especializados en seguros de empresa, que se encargará de trazar propostas para este colectivo de clientes, coñecerá in situ as súas necesidades, analizará as opcións e ofrecerá una proposta de valor a medida.