• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA impulsa o comercio galego cunha oferta integral para o sector e a súa clientela

  • A entidade sorteará entre os clientes premios de compras gratis
  • O Plan arranca cun acordo financeiro coa Federación Galega de Comercio
30-07-2014
Negocio

ABANCA acaba de poñer en marcha o Plan de Dinamización do Comercio Galego, unha iniciativa dirixida a impulsar as ventas neste segmento económico clave para o tecido produtivo de Galicia. A entidade pon a disposición do sector unha oferta integral de produtos e servizos, con condicións especiais de financiamento tanto para os establecementos coma para a súa clientela.

Unha das medidas que contempla o plan é a rebaixa ao pequeno comercio galego en máis dun 50% da taxa polas vendas que realicen a través de Terminais no Punto de Venda (TPV) da entidade. ABANCA aplicará a partir do 1 de setembro unha tarifa bonificada sobre a facturación dos comercios.

O Plan ABANCA de Dinamización do Comercio Galego foi presentado esta mañá en Santiago de Compostela coincidindo coa sinatura dun acordo de colaboración entre o banco e a Federación Galega de Comercio (FGC), na que participaron o director xeral de Negocio España de ABANCA, Luis Beraza de Diego, e o presidente da FGC, José María Seijas.

O Plan contempla tamén a promoción Compras Gratis, mediante a cal os clientes que paguen nos establecementos con tarxeta de ABANCA a través dun TPV da entidade poderanse beneficiar da súa compra gratis no momento do pago da mesma. A campaña dará comezo despois do verán.

Aprazamento de compras sen xuros

A iniciativa de ABANCA inclúe, ademais, una oferta financeira personalizada para o sector e produtos de financiamento para a clientela, como Crediventa ou Servizo Compras Especiais, que posibilitan o aprazamento das compras sen xuros e permiten ao pequeno comercio competir coas grandes superficies.

"O noso Plan incorpora unha oferta excelente, a mellor solución do mercado para o comercio galego, tanto por condicións como pola amplitude de soluciones que contempla. Con esta acción estamos axudando aos comercios a vender aprazando as compras dos seus clientes e tamén lles axudamos a se financiar cunhas condicións únicas. O único que pedimos aos comercios é que traballen con ABANCA. Neste momento, máis de 17.000 comercios galegos xa son clientes da entidade, pero aspiramos a poder estender a nosa oferta a todo o colectivo”, explicou Luis Beraza.

Acordo coa FGC

O Plan inclúe tamén acordos de colaboración con máis de medio cento de asociacións de comerciantes galegas, entre os que destaca o convenio subscrito hoxe coa Federación Galega de Comercio, que serve de despegue da iniciativa.

O acordo entre ABANCA e a FGC conta con outras vantaxes para os asociados, como préstamos a xuro cero para anticipo de subvencións ou para o pago de impostos ou seguros sociais. Ademais, os comercios poderanse beneficiar dunha rebaixa significativa nos aprazamentos de vendas con TPV a través do Servizo Compras Especiais.

ABANCA pon tamén a disposición dos establecementos adheridos á FGC a Conta Solucións, sen comisións, que permite, entre outras vantaxes, o pago de nóminas gratuíto  través da banca electrónica da entidade. A oferta do banco a estes comerciantes complétase coa Póliza Seguro Comercio, outro produto deseñado ad hoc para este colectivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .