ABANCA impulsa o emprendemento con vantaxes para o aluguer de locais comerciais
- Os arrendatarios beneficiaranse de tres meses de carencia no pagamento da renda
ABANCA vén de poñer en aluguer un total de 467 locais comerciais e naves da súa propiedade con importantes descontos para facilitar a creación de novos negocios ou a expansión empresarial. O banco ofrece tres meses de carencia no pagamento da renda, a aplicar ao inicio do contrato.
O aluguer do local comezará a aboarse a partires do cuarto mes de arrendamento. Con esta carencia, o banco pretende apoiar aos emprendedores na etapa inicial do proxecto empresarial, ao reducir os gastos que deben afrontar para poñer en marcha o seu novo negocio.
Nove de cada dez inmobles dispoñibles para o aluguer son locais comerciais, entre os que figuran baixos que no seu día albergaron oficinas do banco, pechadas durante o proceso de reestruturación. A entidade tamén inclúe nesta iniciativa o arrendamento de naves industriais e oficinas.
Excelente localización
Os locais están localizados nas principais zonas comerciais de 207 concellos, pertencentes a 46 provincias. Máis do 40% dos inmobles están en Galicia, maioritariamente nas provincias de Pontevedra e A Coruña.
O emprazamento e características dos locais poden consultarse na web do Grupo Inmobiliario de ABANCA, www.escogecasa.es. A promoción estará vixente ata o 31 de decembro.
O apoio a emprendedores é un dos catro eixos de actuación do Plan de Responsabilidade Social Corporativa que desenvolverá ABANCA no marco da súa estratexia para os vindeiros catro años.