ABANCA impulsa o seu programa de educación financeira coa obra ‘De los cuentos a las cuentas’
- Miles de escolares de toda Galicia gozan desta representación teatral ata o 28 de outubro.
- A compañía Zarándula produciu este proxecto educativo que traslada aos máis pequenos la importancia do aforro.
ABANCA dá un impulso ao seu programa de educación financeira coa obra de teatro para escolares ‘De los cuentos a las cuentas’, que se representa estes días en diferentes cidades galegas e que achega aos máis pequenos conceptos como a importancia do aforro e o esforzo para acadar as metas que se propoñan.
Miles de escolares de segundo ciclo de Primaria están gozando ata o 28 de outubro desta representación que produciu a compañía teatral Zarándula, con ampla experiencia neste tipo de proxectos, por encargo do banco. A obra ten como obxectivo fundamental transmitir, a través de contos tradicionais, a importancia dunha xestión adecuada do diñeiro no día a día, o valor do esforzo, o sentido da previsión e o aforro e tamén a importancia da solidariedade.
Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, destacou na presentación da obra que esta é “unha das accións máis novidosas dentro do amplo programa de educación financeira que desenvolve o banco en colaboración con Afundación”, que ademais “pon en valor a importancia das artes escénicas para trasladar ao público infantil conceptos a priori complicados de entender a idades tan temperás”.
Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación, subliñou nesta liña que, para facilitar a comprensión dos escolares, “elixíronse como soporte didáctico distintos contos tradicionais que desenvolven contidos moi próximos ao obxectivo do programa para transmitir a ensinanza da importancia do esforzo e o aforro”.
Os actores que dan vida aos tres protagonistas da historia, María Martínez-Losa Ezquerro, Rubén García Buñuelos e Alejandro López Tejedor confirmaron a gran acollida que tivo a montaxe entre os escolares de Pontevedra e Vigo que xa puideron contemplar a obra e indicaron que como intérpretes é un reto captar a atención de nenos e nenas destas idades cun contido que nun primeiro momento pode parecer pouco atractivo para eles.
As representacións continuarán a próxima semana en Lugo, Santiago, Ourense, A Coruña e Ferrol.
Programa de educación financeira ABANCA
A obra de teatro ‘De los cuentos a las cuentas’ forma parte do amplo programa de educación financeira que desenvolve o banco ao longo de todo o ano e que se reforzou durante este mes de outubro con motivo da celebración, o pasado día 3, do Día da Educación Financiera que promoven Banco de España e CNMV.
Ademais desta representación, o programa inclúe outras actividades dirixidas ao público infantil como o ‘Gran Prix Financiero’, e tamén iniciativas pensadas para chegar a outros colectivos como estudantes novos, emprendedores e xente maior, sempre co obxectivo de que o maior número de persoas posible teña información suficiente para tomar decisións responsables sobre as súas finanzas persoais. En total, máis de 13.000 persoas beneficiáronse deste programa desde que se puxo en marcha no último trimestre de 2015.