• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA impulsa unha nova edición do Foro Internacional do Deporte en León

  • Ruth Beitia, campioa olímpica, súmase á nómina de deportistas confirmados, na que xa están recoñecidos deportistas como Gemma Mengual, Laia Sanz ou Roberto Carlos
  • O banco renova o seu compromiso con este evento que achega á sociedade a experiencia de grandes figuras do deporte e contribúe a fomentar a práctica de exercicio físico

Á esquerda, Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en Asturias e León, e á dereita, Francisco del Río, presidente da Asociación Golden DreamsTeam e director do FID León ABANCA, durante a firma do acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-06-2019
RSC

A Obra Social ABANCA e a Asociación Golden DreamsTeamSerás redirixido a outro sitio web renovaron o acordo de colaboración que manteñen para a organización do Foro Internacional do Deporte en LeónSerás redirixido a outro sitio web, un evento que chegará en setembro a súa terceira edición convertido xa nunha cita consolidada na axenda deportiva nacional tras o éxito obtido en 2017 e 2018.

O director territorial do banco en Asturias e León, Marcos Lamas, e o presidente da Asociación Golden DreamsTeam e director do FID León ABANCA, Francisco del Río, subscribiron este xoves o convenio que materializa o apoio do banco a esta iniciativa que reúne cada ano en León a algúns dos mellores deportistas e adestradores da historia do deporte para falar das súas experiencias persoais e profesionais e crear un espazo de análise e reflexión sobre o mundo do deporte e cara a onde se dirixe.

O III FID ABANCA terá lugar durante os días 18, 19 e 20 de setembro no Auditorio Cidade de León e contará coa participación de deportistas de máximo nivel como a nadadora de sincronizada Gemma Mengual, a piloto Laia Sanz ou o futbolista Roberto Carlos. A última en confirmar a súa presenza foi a atleta de salto de altura Ruth Beitia, que suma quince medallas en grandes campionatos, entre elas un ouro e un bronce olímpicos.

Como é habitual, o foro contará tamén cun amplo programa de actividades paralelas que teñen como obxectivo fomentar a práctica do deporte e a actividade física entre a cidadanía, así como facilitar o encontro entre os deportistas que participan e os seus seguidores.

O apoio do banco a este evento enmárcase dentro do seu compromiso con León e coa promoción do deporte, unha das liñas estratéxicas da actividade que desenvolve a través da súa Obra Social, Afundación. Todas as iniciativas impulsadas polo banco neste ámbito teñen como obxectivo difundir a toda a sociedade os valores intrínsecos á práctica deportiva, como a perseveranza, o xogo limpo, o compromiso, a igualdade, o traballo en equipo, o afán de superación ou o compañeirismo.

Os abonos para gozar dos tres días do evento ao completo xa están á venda na web FIDLeon.org a un prezo promocionado de tan só 15 euros até o 30 de xuño. Desde a organización celébrase a gran resposta dos leoneses desde a saída á venda dos mesmos e é que esta edición promete ser unha experiencia única para a provincia de León.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .