• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura en Ferrol a exposición que desvela o proceso creativo de Leiro

  • 'Os traballos e os días. Francisco Leiro' reúne unha selección de obras do artista e material audiovisual do documental 'Sísifo Confuso'

Fotografía de Aser Álvarez para Arraianos Producións.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Fotografía de Aser Álvarez para Arraianos Producións.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-03-2017
RSC

ABANCA, en colaboración con Afundación e Arraianos Producións, abre ao público este xoves 16 de marzo en Ferrol a exposición 'Os traballos e os días. Francisco Leiro', que ofrece a posibilidade de contemplar unha selección de obras dunha das grandes figuras do panorama da arte galega actual e tamén ser testemuñas excepcionais do seu proceso creativo entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.

A exposición reúne nove esculturas e cinco traballos en papel producidos desde os anos 90 ata a actualidade que forman parte das coleccións de arte de ABANCASerás redirixido a outro sitio web e Afundación.

Entre as obras seleccionadas atópanse algunhas tan significativas como as catro 'Recolectoras' (2003) ou 'Fauno' (2007), cinco pezas en madeira en gran formato que alcanzaron un verdadeiro status simbólico na escultura galega contemporánea. O seu traballo en granito, outro dos materiais de referencia na súa produción artística, tamén está reflectido na mostra coa escultura 'Cabeza', de 1988.

O proxecto expositivo enriquécese cun interesante material multimedia procedente do documental 'Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro', escrito e dirixido por Aser Álvarez para Arraianos ProduciónsSerás redirixido a outro sitio web que tamén se presentará na cidade departamental no marco desta exposición. Unha serie de fotografías en gran tamaño e varias pezas audiovisuais que nos ofrecen unha visión inédita tanto do artista como do seu proceso creativo, que se desenvolve entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.

É a primeira vez que o artista abre as súas portas a un equipo audiovisual, polo que o proxecto ofrécenos unha oportunidade única de ser testemuñas desde un punto de vista persoal e íntimo de como leva a cabo a súa produción o artista galego con maior proxección internacional na actualidade.

Para completar esta ampla visión sobre o traballo de Francisco Leiro, a mostra inclúe varias fotografías de esculturas realizadas polo artista situadas en espazos públicos, entre elas o 'Guerreiro' que se pode contemplar na ferrolá Praza de San Amaro. Esta serie de imaxes reflicte a importancia que tamén ten a escultura civil na traxectoria do artista.

Este proxecto expositivo responde a unha das liñas estratéxicas de ABANCA no marco da súa política de RSC, que é contribuír dentro das súas posibilidades a divulgar a cultura e o coñecemento dos artistas galegos, ao mesmo tempo que ofrece a todos os cidadáns a posibilidade de gozar do seu rico patrimonio artístico.

A exposición poderá visitarse ata o 10 de xuño na sede de Afundación de FerrolSerás redirixido a outro sitio web en horario de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas e os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Programa didáctico

Con motivo desta exposición, ABANCA e Afundación organizaron un programa de actividades con tres propostas específicas en función da idade á que van dirixidas: ‘Os oídos máxicos de Francisco Leiro’, pensada para nenos de infantil e primeiros cursos de primaria; ‘As historias que os bosques galegos saben contar’, para escolares desde 4º de Primaria a primeiro ciclo de ESO, e ‘Francisco Leiro, escultor’, para segundo ciclo de ESO e Bacharelato. Neste momento xa se anotaron para participar nas diferentes actividades un total de 85 escolares.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .