• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

  • A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, Dalí, Oteiza ou Maruja Mallo
  • A proposta inspírase na obra literaria de Italo Calvino e está estruturada en cinco bloques: levidade, rapidez, exactitude, visibilidade e multiplicidade
  • A exposición estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA ata o próximo 29 de outubro

O director xeral de Responsabilidads Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o responsable de xestión da Colección ABANCA, DiegoCascón, durante a presentación da exposición en Santiago.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director xeral de Responsabilidads Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

12-04-2022
RSC

ABANCA presentou no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de CompostelaSerás redirixido a outro sitio web a exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar. Obras para o milenio na Colección ABANCASerás redirixido a outro sitio web’. A mostra, inspirada na obra literaria de Italio Calvino, reúne 50 obras seleccionadas de 39 artistas de relevancia internacional que forman parte do fondo artístico do banco.

Na presentación da exposición, o director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, sinalou que con este novo proxecto expositivo o banco “quere avanzar na difusión das obras e autores que forman parte da Colección de Arte ABANCA”. “Para nós é unha gran responsabilidade conservar e dar a coñecer este rico patrimonio artístico, por iso dedicamos moito tempo e esforzo a articular propostas que poidan resultar atractivas e estimulantes para o público”, subliñou.

‘A arte de comezar e a arte de rematar' propón unha relectura dos valores literarios que Italo Calvino consideraba que se debían preservar no milenio no que agora nos atopamos: levidade, rapidez, exactitude, visibilidade e multiplicidade. Na mostra, estes cinco conceptos levan a unha dimensión puramente plástica, fundamentalmente no ámbito da pintura e a escultura.

Por exemplo, para o autor italiano, a levidade maniféstase na fraxilidade da Medusa da ‘Metamorfose’ de Ovidio ou na literatura contemporánea de Milan Kundera, e esa levidade albíscase na exposición na pintura de Esteban Vicente ou Sexan Scully. O autor fala de exactitude na poesía de Paul Valéry e na mostra percíbese ese valor nas esculturas de Jorge Oteiza ou Luís Caruncho. A rapidez reflíctese en obras como ‘Las Pipas’, na que Equipo Crónica fálanos do frenético ritmo de vida das cidades, e a visibilidade, no mundo de detalles das pezas de Urbano Lugrís. Por último, atopamos a multiplicidade ao asomarnos a obras como ‘Sen título’ de David Morago, na que podemos ver lombos de libros que levan por título

‘Os teus medos’, ‘A miña ansia’ ou ‘Intencións’, como algúns dos elementos que conforman a existencia do artista e que organiza neste simbólico andel que sería a súa vida. Con este xogo de relacións contémplanse e lense as obras da Colección ABANCA seleccionadas para esta exposición, na que se inclúen artistas como Kandinsky, Picasso, Dalí, Maruja Mallo, Ángelo de Sousa, Washington Barcala, José María de Labra ou Eugenio Fernández Granell, entre outros.

A mostra poderá visitarse no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela ata o próximo 29 de outubro. Estará aberta ao público de martes a venres de 17.00 a 21.00 horas, e os sábados e festivos de 11.30 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Os luns e os domingos permanecerá pechada.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .