• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘Pintura escrita. Arte e Literatura. Colección ABANCA’

  • O proxecto reúne 46 obras da Colección ABANCA que comparten protagonismo con fragmentos literarios de grandes autores e documentos de gran valor histórico
  • A exposición poderá visitarse no Centro Obra Social ABANCA ata o 7 de xaneiro

O responsable de xestión da Colección ABANCA, Diego Cascón, durante a inauguración en Santiago.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A exposición estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA ata o próximo 7 de xaneiro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-07-2024
RSC

ABANCA presentou en Santiago de Compostela a exposición ‘Pintura escrita. Arte e Literatura. Colección ABANCA’. Este novo proxecto expositivo do banco poderá visitarse no Centro Obra Social ABANCA da céntrica Praza de Cervantes ata o 7 de xaneiro.

A mostra reúne 46 obras da Colección ABANCASerás redirixido a outro sitio web que dialogan cunha selección de fragmentos escritos de grandes autores da literatura universal, construíndo unha proposta cultural que permite gozar ao mesmo tempo da arte e a lectura.

As obras escollidas para esta exposición pertencen a creadores de diferentes épocas e estilos, que, dalgunha maneira, remítennos ou inclúen referencias ao campo das letras e a literatura. Estas obras compleméntanse con citas literarias de diversos poemas, novelas ou ensaios, de modo que se convida ao espectador a mirar, pero tamén a ler.

Na relación de artistas seleccionados atopamos creadores con gran recoñecemento nacional e internacional como André Lhote, Urbano Lugrís, Manuel Viola, Luis Seoane, José Frau ou Carlos Alcolea, xunto con outros máis contemporáneos como Juliâo Sarmento, Antón Lamazares ou Pamen Pereira.

As citas literarias que acompañan aos cadros pertencen a grandes autores da literatura universal, como Platón, Thomas Mann, Paul Auster, Valle Inclán ou Miguel de Cervantes, que comparten protagonismo con grandes figuras da literatura galega como Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Eduardo Blanco Amor, Emilia Pardo Bazán, Salvador García-Bolaño ou Camilo José Cela, entre outros.

A exposición complétase cunha selección de libros e documentos procedentes do Fondo Bibliográfico de ABANCA, así como unha serie de obras orixinais cedidas para este proxecto pola Biblioteca de Galicia e a Fundación Camilo José Cela. Entre estes documentos, destacan exemplares de gran interese bibliográfico, como a primeira edición de Galicia de Manuel Murguía, o manuscrito orixinal de La Colmena de Camilo José Cela, o Regionalismo de Alfredo Brañas na súa edición orixinal de 1889, Follas Novas de Rosalía de Castro na edición de 1880 ou un interesante exemplar das Metamorfosis de Ovidio publicado no ano 1599.

Horario

‘Pintura escrita. Arte e literatura. Colección ABANCA’ estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela desde o 18 de xullo ata o 7 de xaneiro, en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Os sábados e festivos, o horario será de 11.30 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Os domingos permanecerá pechada.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .