• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘Tino Grandío. Correspondencias’

  • O banco adiántase á celebración do centenario do nacemento do pintor lucense, que terá lugar en 2024
  • Obras de Grandío das coleccións de ABANCA e Afundación dialogan con creacións de artistas contemporáneos
  • A exposición estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA ata o próximo 27 de abril

De esquerda a dereita, o responsable da Colección ABANCA, Fernando Filgueiras; o responsable de xestión da Colección ABANCA, Diego Cascón, e os comisarios da exposición (Mónica Maneiro, David Barro e iñaki Martínez Antelo), durante a presentación en Santiago.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Na presentación tamén estiveron presentes algúns dos artistas que cederon as súas obras para a exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A exposición estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA ata o próximo 27 de abril.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Exposición Tino Grandío. Correspondencias. Texto Cooperativa Performa Exposición _Tino Grandío. Correspondencias_. Texto Cooperativa Performa (Mónica Maneiro, David Barro e Iñaki Martínez Antelo) Ver ficheiro PDF
26-10-2023
RSC

ABANCA presentou este xoves 26 de outubro en Santiago de Compostela a exposición ‘Tino Grandío. Correspondencias’, que devolve á actualidade a figura deste pintor natural de Lousada (Lugo) adiantándose á celebración do centenario do seu nacemento, que terá lugar en 2024.

Grandío é un artista cun estilo moi persoal dentro da propostas da arte en Galicia nos anos cincuenta, sesenta e setenta, que se situou na vangarda da linguaxe pictórica europea na segunda metade do século XX. Conectou cos presupostos da nova figuración, pero rapidamente a súa obra tomou unha senda particular, renovando a herdanza histórica do país, como Velázquez, Goya ou Picasso, e executando unha pintura de cariz expresionista pero cun gran contido social.

‘Tino Grandío. Correspondencias’ conta co comisariado da Cooperativa Performa (David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo) e é o primeiro proxecto dun ciclo de exposicións que nace coa intención de proxectar e revisar desde o presente a obra de artistas que forman parte das coleccións de arte de ABANCA e Afundación. Esta revisión realízase a partir dunha mirada contemporánea, en complicidade con artistas de distintas xeracións e disciplinas.

De acordo con este enfoque, a exposición que poderemos contemplar os próximos meses no Centro Obra Social ABANCA inclúe obras de Tino Grandío dos fondos artísticos do banco e a súa Obra Social, onde está amplamente representado, que entran en diálogo con creacións doutros artistas contemporáneos, principalmente galegos, que teñen na figura do pintor de Lousada a un dos seus referentes.

Liñas temáticas e xéneros artísticos

O proxecto expositivo organízase en base ás grandes liñas temáticas e revisión de xéneros artísticos que percorren a obra de Grandío ao longo de toda a súa traxectoria. Por exemplo, os retratos e os achegamentos aos espazos de reunión da vida social e cultural dialogan coa obra de artistas como Alain Urrutia ou Víctor Mejuto, que transitan camiños creativos afíns.

O xénero da paisaxe preséntase a través dunha serie de mariñas que establecen conexións con creacións como a peza audiovisual de Carla Andrade Amarillo atlántico ou o traballo doutros autores como Cristina Garrido, Álvaro Negro ou Manuel Eirís.

Outro bloque temático ten como protagonista á muller, que conta cunha presenza importante na obra de Grandío. O seu exercicio de desprendemento e condensación conecta ben coa visión conceptual de artistas como Julião Sarmento, que presenta na exposición a súa instalación Kiss my eyes (with chairs). E fronte á a visión masculina e clásica sobre o corpo feminino de Grandío, móstrase a visión contemporánea e feminista de artistas como Eulàlia Valldosera ou Xisela Franco.

O bodegón é tamén un dos temas nos que Grandío exercita unha figuración máis profusa. Neste caso, entran en correspondencia cos realizados por Los Bravú, a parella de artistas formada por Dea Gómez e Diego Oimil, e coas obras nas que Tamara Feijoo achégase ao tema dos Hortus conclusus, os xardíns privados da pintura relixiosa gótica e máis tarde flamenca.

Por último, a visión sobre o territorio rural galego. Os labores do campo, as ferramentas usadas polos labradores ou as escenas de feira son habituais na obra do lucense. As conexións establécense neste caso coas creacións de Christian García Bello e Julia Huete.

Horario

‘Tino Grandío.Correspondencias’ estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela desde o 26 de outubro ata o 27 de abril, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres. Os sábados e festivos, o horario será de 11.30 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Os domingos permanecerá pechada.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .