• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura no Museo de León a exposición ‘Bajo el signo de Picasso’

  • ABANCA reúne a máis de 250 persoas para a inauguración dunha mostra que recolle o mellor da súa Colección de Arte
  • Juan Carlos Escotet Rodríguez destaca na súa intervención a relevancia de León para ABANCA
  • A exposición poderá visitarse dende o 16 de setembro ata o 13 de novembro no Museo de León

De esquerda a dereita, Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA, o alcalde de León, Antonio Silván, a conselleira de Cultura e Turismo da Xunta de Castilla y León, María Josefa García Cirac, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o director xeral de REsponsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Juan Carlos Escotet nun momento da súa intervención.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O viceprediente de ABANCA explica como a app da Colección de Arte abre un mundo novo de información sobre cada obra da mostra.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Algúns dos asistentes á inauguración contemplando as obras expostas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-09-2016
RSC

ABANCA inaugurou hoxe no Museo de León unha mostra que recolle unha selección de 38 das mellores obras que conforman a súa colección de arte. Durante o acto que contou coa asistencia de máis de 250 invitados de todos os sectores da sociedade leonesa, interviñeron o alcalde de León, Antonio Silván, a conselleira de Cultura y Turismo da Junta de Castilla y León, María Josefa García Cirac e o vicepresidente de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Juan Carlos Escotet Rodríguez, que reiterou a relevancia que León ten para ABANCA e como mostra foi a primeira cidade elixida “á que ofrecemos esta exposición da que nos sentimos particularmente orgullosos”.

O vicepresidente da entidade financeira destacou no transcurso da súa intervención o valor da colaboración entre institucións “se o resultado é o de poñer en marcha proxectos que beneficien a persoas e familias e comunidades de estudantes”. Juan Carlos Escotet agradeceu á Junta de Castilla y León e ao Ayuntamiento da capital leonesa a súa disposición para organizar esta exposición que é “o primeiro dunha serie de proxectos que nos propoñemos ofrecer a León” e “abre un territorio de posibilidades que nos cargan de entusiasmo e expectativas”.

Escotet finalizou a súa intervención sinalando que “non só queremos ter unha presenza construtiva en León senón que aspiramos a ser, en alianza con outras institucións, unha recorrente fonte de boas noticias”.

Pola súa parte, a conselleira destacou a importancia da colaboración público-privada en proxectos “tan interesantes e ambiciosos como o que hoxe se inicia con esta exposición”. Ademais, sinalou que a iniciativa sirve de exemplo para mostrar o obxectivo da Junta de proxectar desde os seus centros unha programación cultural de calidade, destinada aos casteláns e leoneses e a captar turismo cultural cara a Comunidade.

Dentro dos programas didácticos e educativos que desenvolve a Consejería de Cultura y Turismo nos museos que xestiona, está previsto que se desenvolvan dúas actividades específicas desta exposición con escolares de Infantil, Primaria e Secundaria.

O alcalde da cidade resaltou nas súas palabras que “estamos ante unha exposición que fai cidade, que impulsará outros sectores, e que proxecta León a nivel nacional e internacional. Xamais en León víronse tantas obras xuntas deste prestixio”.

Trátase, indicou Antonio Silván, de una exposición “de categoría mundial que pon de relevo, por un lado, a vinculación da entidade ABANCA coa nosa cidade e a súa vontade de contribuír ao potencial cultural de León, e, por outro, unha achega singular e de enorme atractivo a unha axenda cultural ampla e de calidade que é un dos piares sobre os que este equipo de goberno asenta unha oferta turística que ten como obxectivo, non só o incremento do número de visitantes, senón tamén unha estancia máis duradeira na nosa cidade”.

Para finalizar a súa intervención lembrou que é unha exposición “aberta a todos os leoneses, sen ningún tipo de impedimento, xa que, quero recalcalo, a entrada a esta exposición é gratuíta”.

Aberta ata o 13 de novembro

‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias en la Colección de Arte ABANCASerás redirixido a outro sitio web’, poderá visitarse dende o venres 16 de setembro ata o próximo 13 de novembro no Museo de León. A mostra reúne unha selección de 38 obras dos fondos artísticos de ABANCA que permiten revisar os momentos máis relevantes da arte española e internacional da primeira metade do século XX. O proxecto inclúe debuxos, pinturas e esculturas de 26 artistas da talla de Picasso, Juan Gris, Dalí, Miró, Kandinsky ou Giorgio de Chirico.

A exposición é a primeira que presenta ABANCA en León dentro da colaboración cerrada coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento leonés para os próximos tres anos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .