• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura no Museo Thyssen-Bornemisza a exposición ‘Picasso e o cubismo’

  • Doce obras de Picasso, Juan Gris, Braque e outros cinco artistas de máximo nivel repasan a importancia e influencia deste movemento na historia da arte
  • A mostra estará aberta ao público ata o 13 de decembro

O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa, Miguel Ángel Escotet, o director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza, Guillermo Solana, e o comisiario da exposición e conservador do Museo Thyssen-Bornemisza, durante a visita á mostra.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a súa intervención na inauguración da exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Na imaxe, de esquerda a dereita: Juan Ángel López Manzanares, comisario da exposición e conservador do Museo Thyssen-Bornemisza; Guillermo Solana, director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza; Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA; Elvira Rodríguez, presidente da CNMV; Baronesa Carmen Thyssen-Bornemisza, vicepresidenta do Museo Thyssen-Bornemisza; Javier Etcheverría, presidente de ABANCA; Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-10-2015
RSC

ABANCA inaugura este xoves 15 de outubro no Museo Thyssen-Bornemisza a exposición ‘Picasso e o cubismo na Colección de Arte ABANCA’. A mostra reúne doce obras seleccionadas dos fondos artísticos do banco que permiten realizar un percorrido por un dos acontecementos pictóricos máis relevantes do século pasado.

O acto inaugural contará coa presenza do vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o director xerente do Museo Thyssen-Bornemisza, Evelio Acevedo, e o comisario da exposición e conservador do museo, Juan Ángel López Manzanares.

É a primeira vez que ABANCA presenta en Madrid unha selección de obras da súa colección de arte, un dos conxuntos artísticos de carácter privado máis importantes de España. Faino, segundo indicou Juan Carlos Escotet na presentación, “nun espazo que se converteu nun dos emblemas culturais de España e Europa”.

O vicepresidente de ABANCA incidiu en que iniciativas como esta dan resposta á vocación de difusión do banco. “As exposicións con fondos propios son un exemplo da necesidade e o interese do banco por poñer a disposición do público este gran patrimonio artístico que temos a vontade de seguir conservando e enriquecendo”, sinalou.

Nesta ocasión, o protagonismo absoluto da exposición recae na figura de Pablo Picasso, un dos grandes xenios da arte do século XX. A Colección ABANCA conta con cinco obras do artista malagueño que se poderán contemplar xunto a seis lenzos de María Blanchard, Jean Metzinger, Juan Gris, Manuel Ángeles Ortiz, George Braque e Fernand Léger, e unha escultura de Julio Gonzaléz. A modesta selección realizada ofrece un fiel reflexo do que representou na súa época este movemento de vangarda internacional e a influencia que exerceu en artistas posteriores.

A exposición, de carácter gratuíto, estará aberta ao público no museo madrileño ata o 13 de decembro.

Unha colección de referencia en España

A Colección de Arte ABANCA está integrada por 1350 obras entre pinturas, esculturas, fotografías, gravados, debuxos e instalacións de 250 artistas tanto españois como internacionais, todas elas unidas por un eixe vertebrador que é a arte moderna e contemporánea.

Ten a súa orixe en Galicia na década dos anos 70. Nunha primeira etapa prestou especial atención ao traballo dos artistas galegos, o que lle permitiu contar agora cun conxunto de nomes e obras que simbolizan traxectorias e etapas da historia artística de Galicia como Castelao, Laxeiro, Luís Seoane, Urbano Lugrís, Leopoldo Nóvoa ou Francisco Leiro.

Nunha segunda fase, a colección foise completando con obras de artistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, como poden ser Picasso, Leger, Miró, Dalí, Braque, Millares, Chillida, Tàpies, Juan Muñoz ou Barceló, entre outros. O resultado é un conxunto de gran interese artístico para coñecer a evolución e os movementos que definiron a historia da arte do século XX que recentemente foi declarado Ben de Interese Cultural.

Guía dixital

O público que visite ‘Picasso e o cubismo na Colección de Arte ABANCA’ poderá ampliar a información sobre os artistas e as obras que se expoñen grazas á app para dispositivos móbiles ‘Colección de Arte’.

A aplicación, de carácter gratuíto, está dispoñible para dispositivos Android e Apple. A través da tecnoloxía de realidade aumentada permite acceder comodamente á ficha artística da obra, afondar na biografía do autor ou consultar outros cadros do mesmo creador que estean presentes na mostra. Para facelo só é necesario enfocar a obra coa cámara do dispositivo móbil e seleccionar no menú a sección correspondente.

Máis información sobre a Colección de Arte ABANCA na web: http://coleccion.abanca.com/gl/

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .