ABANCA incorpora dous novos conselleiros independentes á súa filial de crédito ao consumo
- Os economistas José Luis López e José María Benavent acumulan unha ampla traxectoria profesional no ámbito da empresa e a consultoría, incluíndo experiencia no sector bancario
- Os dous novos membros do consello de administración de ABANCA Servicios Financieros reforzan o goberno corporativo da compañía, inmersa nun proceso de crecemento
ABANCA Servicios Financieros, a filial do grupo ABANCA especializada na actividade do crédito ao consumo, ampliou o seu consello de administración coa incorporación de dous novos conselleiros independentes, José Luis López e José María Benavent.
Coa entrada de ambos no consello de administración de ABANCA Servicios Financieros, a compañía reforza a súa estrutura de goberno corporativo, elemento esencial para o bo desenvolvemento do proxecto de crecemento que executará ao longo dos próximos anos. Os dous novos conselleiros contan con ampla experiencia no sector financeiro.
José Luis López é licenciado en Económicas e conta con formación adicional en derivados financeiros e consellos de administración. A súa carreira desenvolveuse integramente na multinacional de auditoría, consultoría e asesoramento PwC (PricewaterhouseCoopers), onde como socio ocupou diferentes posicións en España, Estados Unidos e Latinoamérica, tanto na práctica da auditoría como da consultoría.
O seu exercicio profesional de 34 anos inclúe ámbitos como a estratexia, a xestión de riscos financeiros, a mellora da eficiencia operativa e a xestión de clientes nunha contorna de omnicanalidad e banca dixital.
Pola súa banda, José María Benavent é licenciado en Económicas e Empresariais. Adicionalmente cursou diferentes programas de desenvolvemento directivo e xestión avanzada en IESE e MIT.
Na súa traxectoria profesional de 29 anos, que desenvolveu en diferentes organismos e compañías, como o Banco de España, Caixabank, R-Cable e Euskaltel, acumulou unha ampla experiencia no ámbito da xestión financeira e o deseño e desenvolvemento de ideas innovadoras para a súa transformación en proxectos viables.