• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA incorpora o colectivo Down Coruña ao seu programa de educación financeira

  • O banco súmase á celebración do Día da Educación Financeira con máis dun centenar de actividades durante os meses de outubro e novembro
  • O programa previsto para este curso inclúe unha nova obra de teatro para escolares e obradoiros de banca móbil para o colectivo de maiores

De esquerda a dereita, Tatiana Suárez, directora de RSC de ABANCA, e Manuel Álvarez, presidente de Down Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Tatiana Suárez e Manuel Álvarez no momento da sinatura do acordo de colaboración.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-10-2017
RSC

ABANCA incluirá a partir deste curso 2017-2018 o colectivo de usuarios de Down Coruña dentro do seu programa de educación financeira. Así o reflicte o acordo asinado esta mañá coa entidade social durante a presentación das actividades que desenvolverá o banco con motivo da celebración do Día da Educación Financeira que promoven o Banco de España e a CNMV o primeiro luns de outubro de cada ano.

A directora de RSCSerás redirixido a outro sitio web de ABANCA, Tatiana Suárez Cancelo, que estivo acompañada polo presidente de Down CoruñaSerás redirixido a outro sitio web, Manuel Álvarez Esmorís, destacou a importancia desta colaboración. “En ABANCA sempre apostamos por unha educación financeira inclusiva e aberta ao conxunto da sociedade, xa que é evidente que dispor da cultura financeira adecuada pode contribuír á integración e a promover a igualdade de oportunidades”, indicou a responsable de RSC do banco.

Durante o curso 2017-2018 ABANCA organizará 240 actividades no marco deste programa que desenvolve desde o último trimestre de 2015 en colaboración con AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web. Delas, 107 concentraranse durante os meses de outubro e novembro. Tatiana Suárez destacou na presentación que se mantén a oferta ampla e variada “para poder chegar ao maior número de persoas posible co formato e contido adecuados a cada idade e ás diferentes etapas da vida”.

Concienciación dos máis pequenos

Unha das principais novidades que presenta o programa para o curso que acaba de comezar é unha nova proposta escénica para escolares encargada polo banco á compañía Zarándula. Trátase da obra de teatro ‘Laberinto’, dirixida a alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria, que ten como obxectivo trasladar aos pequenos como as súas accións poden contribuír tamén a mellorar a economía e o aforro familiar. As primeiras representacións serán os días 25, 26 e 27 de outubro no Teatro Afundación de Vigo e a continuación realizaranse funcións en Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Ferrol.

ABANCA promoveu este formato innovador para introducir conceptos económicos básicos entre nenas e nenos o curso pasado coa obra ‘De los cuentos a las cuentas’, tamén encargada a Zarándula, e a iniciativa foi recoñecida como o mellor proxecto para mozos nos premios á Obra Social e á Educación Financeira 2016 que organiza a revista Actualidade Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA).

Outra das actividades do programa dirixida ao público infantil é o Gran Prix Financeiro, que continuará o seu percorrido por Galicia e está previsto que visite este curso 40 centros escolares. A través da recreación de situacións cotiás, difúndense valores como a responsabilidade e a solidariedade, e sentan as bases adecuadas para aprender a tomar pequenas decisións económicas.

Formación en novas tecnoloxías para maiores

O colectivo de maiores contará tamén cunha atención especial dentro deste programa de ABANCA. Neste momento están pechados 45 talleres sobre banca móbil nos Espazos +60 de Afundación que se centrarán en ofrecerlles a formación necesaria para que poidan utilizar as novas tecnoloxías para mellorar o control das súas finanzas persoais.

Economía básica para a xuventude

En liña coa universalidade do programa de educación financeira de ABANCA mantéñense ao longo deste curso as conferencias dirixidas a estudantes de secundaria e bacharelato sobre economía básica. Ao longo dos próximos meses os relatores de ABANCA achegarán os conceptos financeiros fundamentais a 1.900 alumnos e alumnas de institutos galegos.

Programa de educación financeira ABANCA

ABANCA puxo en marcha o seu programa de educación financeira no curso 2015-2016 e as diferentes actividades realizadas neste período contribuíron a mellorar a cultura financeira de 18.992 persoas de todas as idades. Delas, 9.785 son nenos e nenas que empezaron a tomar conciencia da importancia de tomar decisións financeiras adecuadas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .