• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA incorpórase ao padroado da Fundación Oso de Asturias

  • A entidade financeira tamén dará soporte a un equipo de campo e contribuirá ao fortalecemento das actividades educativas da fundación
  • A colaboración forma parte do compromiso de ABANCA con Asturias e da súa estratexia de sostibilidade

Á esquerda, o director territorial de ABANCA en Castela e León e Asturias, Marcos Lamas, e á dereita, o presidente da Fundación Oso de Asturias, Nicanor Fernández.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-03-2021
RSC Sostenibilidad

O presidente da Fundación Oso de Asturias, Nicanor Fernández, e o director territorial de Castela e León e Asturias de ABANCA, Marcos Lamas, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a entidade financeira pasa a formar parte do padroado da organización oseira, sumándose así ao destacado grupo de empresas e institucións que, encabezados polo Principado de Asturias, xa forman parte do mesmo. Durante a firma estivo tamén presente o director xeral do Medio Natural e Planificación Rural, David Villar.

Desde o Padroado, ABANCA colaborará activamente no desenvolvemento das actividades de conservación, protección e de investigación da Fundación Oso de Asturias. De forma especial, contribuirá a fortalecer a actividade educativa ambiental entre escolares, un dos capítulos máis destacados que desenvolve a FOA e no que participan todos os anos ao redor de quince mil alumnos. Ademais, prestará o apoio económico necesario para que a FOA dispoña dun equipo de campo que realizará labores de seguimento da poboación de osos no seu núcleo occidental –o máis nutrido–, participará na elaboración do censo da especie, prestará apoio aos Axentes do Medio Natural do Principado de Asturias, e ofrecerá información a visitantes das comarcas oseiras para que estes se axusten ás mellores prácticas ambientais.

Esta colaboración enmárcase no compromiso de ABANCA con Asturias, un territorio de especial relevancia para a entidade financeira e co desenvolvemento do seu proxecto de banca responsable e sostible, que ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento social e á protección ambiental.

Para o presidente da Fundación Oso de AsturiasSerás redirixido a outro sitio web, Nicanor Fernández, a incorporación de ABANCA “é unha gran satisfacción polo que supón de respaldo ao traballo de recuperación e preservación dos hábitats dos osos, que son un activo fundamental dun medioambiente privilexiado. Pero que, ademais, vai permitir un salto adiante nas actividades de campo levadas ata o de agora pola FOA, así como na difusión das mellores prácticas ambientais entre os máis novos”.

Segundo o director xeral de Medio Natural e Planificación Rural, David Villar, vogal da Fundación, a incorporación de patróns como ABANCA “mostra como a biodiversidade no seu conxunto, e máis en especial especies emblemáticas como o oso pardo, son activos intanxibles que permiten atraer sensibilidades de entidades aparentemente non conectadas, pero que comparten ese interese común polo desenvolvemento sostible dunha sociedade que coida da súa natureza”.

Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en Castela e León e Asturias, sinalou “o importante papel que a sostibilidade e o uso respectuoso do medioambiente poden xogar como factor económico e de oportunidades en áreas nas que non abundan, e como pode contribuír a fixar poboación mediante a creación de emprego”. Lamas destacou tamén a satisfacción da entidade financeira por sumar esta nova colaboración social a outras que xa leva a cabo en Asturias, comunidade na que desenvolve unha crecente actividade financeira.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .