• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA incorpórase ao padroado de EnergyLab e reforza o seu compromiso coa sostibilidade enerxética das pemes

  • A entidade financeira súmase a un dos centros tecnolóxicos máis recoñecidos de Galicia, referente internacional en tecnoloxías de optimización enerxética
  • O banco e o centro tecnolóxico renovan o seu convenio de colaboración, que busca ofrecer alternativas de financiamento adaptadas para promover a eficiencia enerxética
  • A entidade financeira participará nun webinar especializado sobre proxectos fotovoltaicos de autoconsumo

ABANCA incorpórase ao padroado de EnergyLab e reforza o seu compromiso coa sostibilidade enerxética das pemes.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

17-06-2021
Negocio

ABANCA avanza na súa estratexia de impulso á sostibilidade e incorpórase ao padroado de EnergyLabSerás redirixido a outro sitio web. A entidade financeira súmase ao órgano de goberno dun dos centros tecnolóxicos galegos máis punteiros, referente no desenvolvemento de tecnoloxías sostibles, no que xa está representada a Administración autonómica a través de Inega, as universidades e outras entidades privadas.

Este apoio institucional coincide coa renovación do convenio de colaboración que manteñen as dúas entidades para promover a eficiencia e a sostibilidade enerxética no tecido empresarial. A rúbrica tivo lugar esta mañá e participaron a directora corporativa de EnergyLab, Marta González, e o coordinador de Institucional Vigo de ABANCA, José Luis Romero.

En termos prácticos, este texto dá un novo impulso ao financiamento deste tipo de investimentos a través de préstamos con amplos prazos de amortización, baixos xuros e posibilidade de introducir carencias. Fórmulas flexibles, áxiles na súa tramitación e totalmente personalizables que permiten ás pemes dos sectores industrial, terciario e transportes acometer investimentos en enerxías sostibles ou de optimización da eficiencia nos consumos das súas instalacións coas máximas flexibilidades de pagamento.

EnergyLab dispón dunha oferta de valor que destaca por ofrecer unha solución integral para as pemes que perseguen a súa mellora enerxética con enerxías sostibles denominada GoSafe with ESISerás redirixido a outro sitio web, unha iniciativa con apoio da Unión Europea. Trátase dun paquete que comeza coa fase de estudo do proxecto, inclúe a implementación e permite monitorizar os aforros. No caso de que non se cumpra cos aforros contemplados, un seguro de caución asume o desvío respecto á proposta.

A sostibilidade, un eixe estratéxico

A entidade financeira será precisamente un dos participantes o vindeiro 23 de xuño nun webinar de GoSafe with ESI, no que se abordarán as vantaxes que ofrece a adopción de instalacións fotovoltaicas para promover o autoconsumo. O xerente de Convenios Privados de ABANCA, Enrique Marticorena, será o encargado de presentar nesta cita especializada as alternativas de financiamento para impulsar estas instalacións sostibles.

Tanto a incorporación ao padroado de EnergyLab como a renovación do convenio enmárcase na liña de traballo do banco para axilizar a transición cara a opcións máis sostibles. Esta estratexia vén recollida no seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible, que presentou recentemente, e apoia a actividade económica sostible integrando no modelo de xestión, de negocio e de riscos os aspectos ambientais, sociais e de gobernanza, así como acompañar aos clientes cara a alternativas más sostibles. Este plan inclúe fitos concretos como dispoñer dunha alternativa sostible para os seus produtos en 2024.

EnergyLab é unha fundación de carácter privado sen ánimo de lucro que desenvolve actividades de I+D+i desde setembro de 2008, cuxa actividade céntrase en mellorar a competitividade do tecido empresarial mediante o desenvolvemento de proxectos innovadores que permitan mellorar o desempeño enerxético e reducir o impacto ambiental das súas actividades.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .