• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA incrementa os seus fortes vínculos con Lugo con visitas institucionais ao Concello e a Deputación

O presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron tamén un encontro con empresarios da provincia

De esquerda a dereita, o director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-03-2018
Negocio

ABANCA, a primeira entidade financeira en Lugo, celebrou hoxe unha xornada de actos institucionais dirixida a reforzar os seus lazos coa provincia. O presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez, visitaron a Deputación e o Concello de Lugo e mantiveron un encontro con representantes do tecido empresarial da provincia co obxectivo de seguir potenciando a súa colaboración.

“Para ABANCA é un orgullo e unha responsabilidade ser a entidade financeira líder en Lugo, condición á cal correspondemos a través dunha ampla actividade crediticia e de apoio á vida económica, social, cultural e deportiva da provincia”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez.

A xornada de actos institucionais de ABANCA en Lugo deu comezo cun almorzo de traballo con directivos dalgunhas das empresas máis representativas da provincia. Nel tratáronse aspectos de interese compartido polos empresarios e a entidade financeira, como a contorna económica ou o financiamento de proxectos empresariais.

A continuación os representantes de ABANCA desprazáronse ao Concello de Lugo para manter un encontro coa alcaldesa da cidade, Lara Méndez. Nel púxose de manifesto o compromiso de ABANCA coa capital da provincia, materializado en accións como o desenvolvemento por parte da entidade financeira dunha aplicación para o pago de recibos desde o teléfono móbil, dispoñible para o conxunto da cidadanía, tanto clientes como non clientes.

A xornada finalizou na Deputación de Lugo, onde o presidente de ABANCA, o conselleiro delegado e o director territorial da entidade en Lugo foron recibidos polo presidente do organismo provincial, Darío Campos. No encontro abordáronse posibles accións para profundar na liña de colaboración que ambas as institucións manteñen na actualidade. Nela destacan iniciativas como o Plan Activamos, a través do cal ABANCA concede financiamento en condicións preferentes para proxectos empresariais e familiares enfocados ao desenvolvemento socioeconómico.

ABANCA en Lugo

ABANCA é a primeira entidade financeira da provincia de Lugo tanto en volume de depósitos como en financiamento concedido. No pasado ano o banco incrementou nun 18,66% a concesión de crédito na provincia. A entidade mantén unha ampla presenza sobre o terreo, cuantificada en 79 oficinas que dan cobertura ao 96,2% da poboación da provincia.

ABANCA mantén un forte compromiso cos sectores estratéxicos de Lugo que se materializa en cuestións como a tramitación de axudas PAC ao sector gandeiro, que a entidade lidera no conxunto da provincia, a colaboración con Expomar - Feira do Sector Naval en Burela, ou a firma de convenios con colectivos profesionais e sectoriais (médicos, avogados, veterinarios, confrarías, automóbil). Outro das colectivos claves aos que ABANCA presta especial atención é o dos emprendedores, aos que apoia con iniciativas como o Plan Activamos, os premios Idea Lugo, ou a colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo e a Fundación CEL nos Premios Empresario de Ano.

A entidade estende a súa vinculación con Lugo ao terreo do deporte. ABANCA apoia a clubes de múltiples disciplinas deportivas a través do seu acordo coa Fundación Deporte Galego, e colabora, por outro lado, cos principais clubes profesionais da provincia, CD Lugo e CB Breogán.

No ámbito lúdico, social e relixioso, ABANCA está presente nas principais citas da provincia, como Arde Lvcvs, San Froilán, Semana Santa de Viveiro, Feira do Bonito de Burela, Rapa das Bestas de Viveiro ou Feira dos Santos de Monterroso.

Polo que respecta á difusión da arte e a cultura, ABANCA, en colaboración con Afundación, desenvolveu en 2017 exposicións en Viveiro, Ribadeo, Vilalba, Monforte e Chantada.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .