• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inicia accións de reforestación nos montes galegos

  • A entidade financeira plantará, a través do seu equipo de voluntarios e en colaboración con Hábitat, 6.000 árbores en diferentes zonas afectadas polos incendios
  • A iniciativa forma parte da campaña ‘Unha árbore nova’, que o banco iniciou o pasado mes de decembro
  • Durante o mes de marzo realizaranse accións de recuperación en Coruxo (Vigo), A Mezquita (Ourense), Santiago de Compostela e Chandebrito (Nigrán)

Un grupo de voluntarios durante a xornada de traballo realizada en novembro nos montes de Coruxo (Vigo).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-03-2018
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web comeza este mes a segunda fase da campaña ‘Unha árbore nova’ coa replantación de 6.000 árbores. Con esta acción a entidade axudará a recuperar as zonas queimadas nos incendios de outubro. Os empregados da entidade que forman parte do programa de Voluntariado Obra Social ABANCA serán os encargados da replantación das árbores, en colaboración co Grupo Naturalista HábitatSerás redirixido a outro sitio web. A acción está aberta tamén a calquera persoa interesada en participar, que poderá unirse ao equipo de voluntarios do banco enviando un correo electrónico cos seus datos a rsc@abanca.com.

Estas tarefas levaranse a cabo en dúas etapas. A primeira iniciarase o domingo 18 de marzo, con accións en Coruxo (Vigo) e A Mezquita (Ourense), onde se esperan plantar 600 e 400 árbores, respectivamente. O sábado 24 de marzo realizaranse traballos de reforestación en Chandebrito (Nigrán) e na área metropolitana de Santiago de Compostela, cun obxectivo de 800 e 250 árbores, respectivamente. Esta primeira fase concluirá a primeira fin de semana de abril coa plantación de 300 árbores en Miño (A Coruña) e, por último, nas Neves (Pontevedra). A segunda etapa comezará a partir de outubro.

Durante este proceso, os voluntarios plantarán diversas especies autóctonas evitando, en todo momento, aquelas de tipo invasor ou meramente ornamental. Conxuntamente, os participantes no programa levarán a cabo actividades de limpeza dos montes afectados co obxectivo de contribuír á mellora da contorna natural.

Campaña ‘Unha árbore nova’

Estas accións forman parte da campaña que ABANCA iniciou o pasado Nadal. A entidade financeira despregou unha acción solidaria nas súas oficinas galegas para recadar fondos para a reforestación. Miles de persoas sumáronse a esta iniciativa e, a cambio, ABANCA entregou aos doantes o agasallo solidario ‘Unha árbore nova’, un tronco de cartón reciclado que simbolizaba que a árbore de Nadal estaba no seu verdadeiro hábitat: os bosques galegos.

Grazas ao diñeiro recadado e á achega inicial realizada polo banco, a entidade financeira, a través do seu programa de voluntariado, poderá realizar tarefas de reforestación nas zonas afectadas polos incendios. Ademais, todas as persoas que colaboraron na campaña poderán participar, saber que se fará coa súa árbore e permanecer informadas de todas as iniciativas que acompañarán este plan.

O compromiso co medio ambiente é un dos alicerces fundamentais da Obra Social ABANCA. Desde que se produciron os incendios en Galicia, a entidade financeira organizou diferentes accións co obxectivo de devolver o patrimonio natural galego ao seu estado orixinal. Os voluntarios de Obra Social ABANCA xa realizaron distintas actividades para contribuír á reforestación dos montes galegos, como os traballos realizados o pasado mes de novembro nos montes de Coruxo (Vigo), cando medio centenar de profesionais do banco participaron nunha xornada de mulching vexetal na que esparexeron palla e crearon barreiras con madeira en parcelas afectadas polo lume para evitar a erosión do terreo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .