• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA Innova lanza un programa de aceleración da man de Conector Startup Accelerator

  • Os emprendedores seleccionados instalaranse nas oficinas de ABANCA Innova.
  • Os proxectos acelerados no programa recibirán ata 20.000 euros de financiamento.

De esquerda a dereita, Javier Carral, director de Participadas de ABANCA; Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA; Elisabeth Martínez, cofundadora & CEO de Conector; José Manuel Valiño, director xeral de IT de ABANCA; Pablo Mateo, xerente de ABANCA Innova, e Lalo García, director de Conector Galicia.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

01-02-2017
Corporativo

ABANCA Innova, o programa de innovación de ABANCA, eConector Startup Accelerator, a aceleradora de startups especializada en fase seed veñen de unirse para impulsar o Programa de Aceleración ABANCA Innova by Conector. Trátase dun programa de aceleración corporativa especializado en proxectos fintech, insurtech, regtech e, en xeral, solucións tecnolóxicas financeiras.

Dentro da estratexia de innovación de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, o Programa de Aceleración ABANCA Innova by Conector ten o obxectivo de apoiar e acelerar o crecemento de proxectos en fase seed e de sectores vinculados á banca (fintech, insurtech, regtech, big data, blockchain…). Os proxectos que apliquen deben ter un equipo formado, un líder claro, un MVP no mercado e primeiras métricas. Este programa é presencial e desenvolverase seguindo a metodoloxía Conector.

O Programa de Aceleración de ABANCA Innova by Conector comezará o 20 de marzo. Todos os proxectos que queiran participar nel poden aplicar a través da páxina web de ABANCA Innova http://abancainnova.comSerás redirixido a outro sitio web ou da páxina web de Conector http://conector.comSerás redirixido a outro sitio web dende o día 2 de febreiro ata o 5 de marzo. Será un comité independente quen elixa que startups presentarán no Startup Day, o evento onde socios e mentores de Conector e directivos de ABANCA votarán e elixirán que startups merecen entrar no programa de aceleración.

As startups seleccionadas obterán ata 20.000 euros a través dun préstamo participativo. Ademais, os proxectos acelerados beneficiaranse das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector, recibirán charlas de formación semanais e terán o seu propio board de mentores, formado por expertos en diferentes áreas.

Lalo García, director de Conector Galicia, será tamén o director do programa de aceleración e responsabilizarase do acompañamento diario dos proxectos. Durante os cinco meses que dura o programa, os emprendedores traballarán para reforzar as áreas en que o precisen (marketing, ventas, finanzas, estratexia…) e aumentar rápida e exponencialmente o seu crecemento.

Para culminar o Programa de Aceleración de ABANCA Innova by Conector organizaremos o Demo Day, un foro de investimento privado no que os emprendedores terán a posibilidade de presentar o seu proxecto aos investidores, VCs e business angels máis importantes do país.

“Con esta alianza con ABANCA queremos aportar o noso know-how ao ecosistema emprendedor galego e potenciar emprendedores prometedores. Unha vez máis, os emprendedores terán a oportunidade de aprender e enriquecerse de todo o que aporta unha aceleradora e o expertise dun corporate” explica Elisabeth Martínez, cofundadora & CEO de Conector. “Galicia é o berce de grandes emprendedores e startups de éxito e confiamos en contribuír a que esta tendencia continúe á alza”, conclúe.

En opinión de José Manuel Valiño, director xeral de TI de ABANCA "este programa de aceleración reforza a nosa aposta pola innovación. Co seu lanzamento avanzamos na nosa viaxe de transformación dixital cunha nova forma de pensar e facer, dinamizando a nosa contorna mediante investimento en tecnoloxía financeira e propiciamos alianzas e sinerxias co sector fintech”. Ademais, ”impulsamos Galicia como foco de atracción de talento, para converter a innovación en tecnoloxía financeira dende Galicia nun referente” engadiu.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .