ABANCA Innova lanza un programa de aceleración da man de Conector Startup Accelerator
- Os emprendedores seleccionados instalaranse nas oficinas de ABANCA Innova.
- Os proxectos acelerados no programa recibirán ata 20.000 euros de financiamento.
ABANCA Innova, o programa de innovación de ABANCA, eConector Startup Accelerator, a aceleradora de startups especializada en fase seed veñen de unirse para impulsar o Programa de Aceleración ABANCA Innova by Conector. Trátase dun programa de aceleración corporativa especializado en proxectos fintech, insurtech, regtech e, en xeral, solucións tecnolóxicas financeiras.
Dentro da estratexia de innovación de ABANCA, o Programa de Aceleración ABANCA Innova by Conector ten o obxectivo de apoiar e acelerar o crecemento de proxectos en fase seed e de sectores vinculados á banca (fintech, insurtech, regtech, big data, blockchain…). Os proxectos que apliquen deben ter un equipo formado, un líder claro, un MVP no mercado e primeiras métricas. Este programa é presencial e desenvolverase seguindo a metodoloxía Conector.
O Programa de Aceleración de ABANCA Innova by Conector comezará o 20 de marzo. Todos os proxectos que queiran participar nel poden aplicar a través da páxina web de ABANCA Innova http://abancainnova.com ou da páxina web de Conector http://conector.com dende o día 2 de febreiro ata o 5 de marzo. Será un comité independente quen elixa que startups presentarán no Startup Day, o evento onde socios e mentores de Conector e directivos de ABANCA votarán e elixirán que startups merecen entrar no programa de aceleración.
As startups seleccionadas obterán ata 20.000 euros a través dun préstamo participativo. Ademais, os proxectos acelerados beneficiaranse das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector, recibirán charlas de formación semanais e terán o seu propio board de mentores, formado por expertos en diferentes áreas.
Lalo García, director de Conector Galicia, será tamén o director do programa de aceleración e responsabilizarase do acompañamento diario dos proxectos. Durante os cinco meses que dura o programa, os emprendedores traballarán para reforzar as áreas en que o precisen (marketing, ventas, finanzas, estratexia…) e aumentar rápida e exponencialmente o seu crecemento.
Para culminar o Programa de Aceleración de ABANCA Innova by Conector organizaremos o Demo Day, un foro de investimento privado no que os emprendedores terán a posibilidade de presentar o seu proxecto aos investidores, VCs e business angels máis importantes do país.
“Con esta alianza con ABANCA queremos aportar o noso know-how ao ecosistema emprendedor galego e potenciar emprendedores prometedores. Unha vez máis, os emprendedores terán a oportunidade de aprender e enriquecerse de todo o que aporta unha aceleradora e o expertise dun corporate” explica Elisabeth Martínez, cofundadora & CEO de Conector. “Galicia é o berce de grandes emprendedores e startups de éxito e confiamos en contribuír a que esta tendencia continúe á alza”, conclúe.
En opinión de José Manuel Valiño, director xeral de TI de ABANCA "este programa de aceleración reforza a nosa aposta pola innovación. Co seu lanzamento avanzamos na nosa viaxe de transformación dixital cunha nova forma de pensar e facer, dinamizando a nosa contorna mediante investimento en tecnoloxía financeira e propiciamos alianzas e sinerxias co sector fintech”. Ademais, ”impulsamos Galicia como foco de atracción de talento, para converter a innovación en tecnoloxía financeira dende Galicia nun referente” engadiu.