ABANCA Innova selecciona ás catro startups finalistas para o seu segundo programa de aceleración
- Lendmarket, Sharenjoy, Dooing IT e Converfit convértense nas novas startups aceleradas de ABANCA Innova
- Os proxectos acelerados no programa poderán recibir ata 60.000€ de financiamento
A aceleradora ABANCA Innova dá por finalizada a primeira fase do seu programa de aceleración tras a celebración un Demo Day interno, un foro privado ante os principais directivos da entidade financeira. Os seis proxectos seleccionados para esta primeira fase, coñecida como fase sementa, mostraron a súa proposta de valor de acordo ás liñas estratéxicas marcadas pola área de innovación da entidade. Finalmente, estas son as catro startups seleccionadas para participar na segunda fase do programa, a fase brota:
- Lendmarket: marketplace privado de compra e venda de investimentos en préstamos a pemes orixinados por fondos de direct lending.
- Sharenjoy: plataforma de venda de microseguros que protexen aos asistentes de eventos de entretemento e solucións de protección da identidade dixital.
- Dooing IT: plataforma de recomendación de investimento en ciberseguridade e comercialización de seguros de ciberrisco.
- Converfit: ferramenta que segmenta a todo o público que chega a unha páxina web a través da intelixencia artificial e o machine learning.
Esta primeira fase do programa tivo unha duración de 3 meses e estivo enfocada no deseño e a validación do modelo de negocio a través dun plan formativo orientado á comprobación das hipóteses expostas polo equipo mediante M.V. P. (produtos mínimos viables). Entre os relatores da fase seed atópanse directivos de ABANCA como José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións; e Eduardo Aldao, director de Innovación. Ademais, diferentes actores do ecosistema de emprendemento, como David Sierra, ex marketing manager de UBER e ADIDAS; e Mario Brassesco, Investment Associate en Encomenda VC, tamén participaron nas diferentes sesións realizadas.
Durante estes meses de traballo, cada startup puido formar o seu propio equipo de mentores en función das súas necesidades. Este consello de expertos, formado por directivos e empregados de ABANCA, así como por emprendedores de éxito, investidores e outros actores recoñecidos do ecosistema startup, acompañaralles durante todo o programa e asesoraralles na súa estratexia de crecemento e vendas, mediante reunións periódicas individuais en grupo.
A fase brota do programa de aceleración, iniciada o pasado 7 de xaneiro, estará centrada na experimentación no mercado para validar a tracción do modelo de negocio. Durante o próximos tres meses, ABANCA Innova explorará as posibilidades de realizar unha proba de concepto adaptada á proposta de valor de cada proxecto.
As catro startups participantes nesta segunda fase recibiron ata 15.000 euros en forma de préstamo participativo de ABANCA e, ademais, poderán optar a recibir ata outros 45.000 ao finalizar a fase brota. Do mesmo xeito, poderán seguir beneficiándose das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de HubIN, recibirán novas píldoras de formación en distintas áreas, dispoñerán dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de ABANCA Innova e recibirán asesoramento de forma semanal en materia de xestión (en áreas como marketing, vendas, finanzas, ou estratexia comercial) para desenvolver a súa potencia e acelerar o seu crecemento.
O próximo 7 de febreiro, as catro startups finalistas terán a oportunidade de realizar a súa primeira proba ante investidores, ao participar no Demo Day da LaconNetwork, un foro de investimento privado que, nesta ocasión, contará coa presenza dalgúns dos emprendedores, VC e business angels máis importantes do país. As startups poderán captar financiamento dos principais investidores nacionais e ABANCA, pola súa banda, poderá explorar vías de colaboración para seguir potenciando o crecemento dos proxectos, como xa sucedeu na primeira edición do programa, a través do acordo entre ABANCA e SenseiTrade, unha das aceleradas de ABANCA Innova.