• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA intensifica o seu compromiso co mar e traballa nunha oferta adaptada ás confrarías do sur da Coruña

  • A entidade financeira renova en Santiago os convenios de colaboración que a unen ás principais confrarías das comarcas do Barbanza, Muros-Noia, Fisterra e Terra de Soneira
  • Os responsables destas institucións coñeceron de primeira man o catálogo de produtos que o banco adaptou ás súas peticións e necesidades
  • A entidade redobra a súa aposta polo primario unhas semanas despois de presentar en Conxemar a súa nova división ABANCA Mar

O director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro (cuarto pola esquerda) e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (cuarto pola dereita), xunto aos representantes das confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-11-2016
Negocio

ABANCA segue avanzando no seu compromiso estratéxico co mundo do mar e firmou un convenio de colaboración con 16 confrarías do sur da provincia da Coruña. Un texto que permite propoñer solucións ás súas demandas e senta as bases para coñecer as preocupacións deste colectivo. A firma tivo lugar en Santiago e enmarcouse dentro dunha xornada de traballo informal cos principais representantes destas organizacións.

Na rúbrica participaron por parte da entidade o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga; e os directores de zona de ABANCA Jesús Soto e José Antonio Seoane. Asistiron tamén diversos directores de oficina, así como xestores peme do banco.

Por parte das confrarías tomaron partido Dolores Bermúdez (patroa maior da Confraría de Camariñas), José Manuel Martínez (patrón maior da Confraría de Fisterra), José Mariano Lago (patrón maior da Confraría de Lira), Manuel Daniel Formoso (patrón maior da Confraría de Muros), Carmen Formoso (patroa maior da Confraría do Pindo), Áurea Domínguez (secretaria da Confraría de Corcubión), Manuel Avelino Freire (secretario da Confraría de Noia), Miguel Antonio Franco (patrón maior da Confraría de Palmeira), Juan Miguel Iglesias (patrón maior da Confraría de A Pobra), Tomás Fajardo (patrón maior da Confraría de Porto do Son), Iván Carreño (patrón maior da Confraría de Portosín), Miguel Ángel Iglesias (patrón maior da Confraría de Rianxo), José Antonio Pérez (patrón maior da Confraría de Ribeira), José Antonio Santamaría (patrón maior da Confraría de Aguiño), María Susana Silva (vice patroa maior da Confraría de Cabo de Cruz) e José Juan Bermúdez (patrón maior da Confraría de Camelle).

O sector pesqueiro, no centro da estratexia

ABANCA ofrece aos confrades destas 16 entidades o seu catálogo sectorial de crédito. Un texto repleto de alternativas especialmente pensado para afrontar con garantías tanto as necesidades máis perentorias, como planificar os retos do futuro.

No convenio firmado inclúese unha póliza de crédito a cinco anos e sen comisións pensada para facer fronte aos períodos de caída de ingresos. Ademais, o catálogo contempla desde préstamos persoais sen xuros ou comisiones para aprazar o pago de impostos ou subvenciones ou liñas de desconto ata leasing mobiliario, avais ou liñas de comercio exterior. Os membros das confrarías tamén poderán acceder aos plans de financiamento con apoio institucional, como o Plan ActivamosSerás redirixido a outro sitio web firmado por ABANCA coa Deputación da Coruña, os programas oficiais de crédito do Igape ou do ICO ou o financiamento a través de Afigal.

A firma en Santiago con estas 16 entidades segue a estela do acordo rubricado hai unhas semanas coas confrarías do sur de Galicia e que nos próximos días se seguirá ampliando con outras organizacións da comunidade. Non en balde, este sector é un dos máis relevantes da economía produtiva da comunidade e ABANCA respondeu ante situacións extraordinarias que padeceron no pasado como episodios de mareas vermellas ou mortaldade da ameixa.

Este acordo con vocación sectorial encaixa coa estratexia que nos últimos meses desenvolveu ABANCA. Non en balde, a entidade financeira presentou na última edición de ConxemarSerás redirixido a outro sitio web a súa nova división especificamente encamiñada a dar respostas ás necesidades dos profesionais deste sector: ABANCA Mar. Unha proposta que inclúe tanto un completo catálogo de produtos e servizos adaptado ás necesidades deste colectivo, como profesionais con formación específica.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .