ABANCA lanza a 10ª edición do seu Programa para Startups
- A convocatoria está aberta para a startups con ideas disruptivas nos sectores de fintech, insurtech, regtech, ciberseguridade, sostibilidade e outras tecnoloxías aplicables ao negocio da entidade
- O programa celebra a súa 10ª edición consolidándose como un referente no sector emprendedor
- As candidaturas deben presentarse entre o 21 de xaneiro e o 17 de marzo a través da web de ABANCA Innova

Cartel da 10ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA abriu hoxe o prazo de inscrición para participar na próxima edición do Programa para Startups de ABANCA Innova. Todas as startups interesadas en participar nesta décima edición poderán inscribirse, ata o próximo 17 de marzo, a través da páxina web de ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web.
Para ser seleccionadas, deben contar cun produto no mercado, aínda que sexa en etapas temperás, e dispoñer dun equipo formado con capacidade para levalo adiante. Ademais, as súas propostas terán que estar relacionadas cos sectores fintech, insurtech, regtech, ciberseguridade, sostibilidade e outras tecnoloxías aplicables ao negocio da entidade.
10 edicións que o consolidan como un referente no sector emprendedor
O Programa para Startups de ABANCA Innova celebra este ano a súa décima edición cunhas cifras destacadas de participación neste tempo. En total, nas 9 edicións anteriores, 493 empresas emerxentes aplicaron ao programa, o que o consolida como un referente no noroeste peninsular. Desas startups, as propostas de 238 foron analizadas por directivos de ABANCA para ver se o seu proxecto encaixaba para poder facer unha proba de concepto. Tras estas 9 edicións completáronse máis de 21 probas de conceptoSerás redirixido a outro sitio web (PoC). Algúns exemplos destes proxectos que saíron de ABANCA Innova son detectores de fraude en situacións de suplantación de identidade, validación legal de reunións en remoto, valoracións inmobiliarias fiables, certificación de tecnoloxías sostibles segundo a normativa, avaliación de impacto ambiental da actividade empresarial, entre outros.
Inicio do programa no mes de abril e primeiro bootcamp en maio
Tras o proceso de recepción e análise das propostas, un comité integrado por profesionais de diversas áreas do banco será o encargado de seleccionar os proxectos participantes no primeiro taller, que levará a cabo no mes de abril. De aquí sairán as startups seleccionadas para pasar á seguinte fase: un bootcamp presencial no mes de maio no que poderán traballar con distintas unidades de negocio de ABANCA para definir o caso de uso, deseñar o piloto, cuantificar custos e identificar as necesidades tecnolóxicas.
Última fase: proba de concepto con ABANCA
As startups que cheguen á fase final terán a oportunidade de realizar unha proba de concepto (PoC) con ABANCA. É dicir, terán a posibilidade de facer un test real coa entidade na que verán materializada a súa idea e poderán mostrar ao mercado a achega de valor da súa proposta. Durante este proceso, cada empresa emerxente contará cun mentor corporativo específico e recibirá un seguimento detallado por parte do equipo de ABANCA Innova.
En todas estas fases as startups contarán coa axuda de profesionais de distintas áreas de ABANCA e coa colaboración de HubINSerás redirixido a outro sitio web, compañía especializada en innovación e emprendemento.
O programa presenta outras múltiples vantaxes, como a posibilidade de acceder ás instalacións de ABANCA Innova na Coruña, un espazo de coworking onde as startups poderán convivir cos profesionais de ABANCA e o seu ecosistema de emprendemento. ABANCA Innova ofrece, ademais, a posibilidade de recibir investimento directo en capital. Para iso, as empresas poderán participar en diferentes Startups Days da entidade e asistir aos principais eventos de investimento do ecosistema nacional de emprendemento.