• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza a familia de seguros ON-OFF, que o cliente pode acender, programar e apagar según necesite

  • Tras a Tarifa Plana de Seguros, a entidade da un paso máis na súa estratexia de creación de productos disruptores, sinxelos e diferenciadores
  • Pola súa variedade, carácter innovador, e adaptabilidade ás necesidades do cliente, os seguros ON-OFF son un produto único no mercado español
  • O cliente activa, desactiva ou programa o seu seguro ON-OFF de xeito directo, inmediato e sen condicións
  • A gestión realízase exclusivamente a través da banca móbil de ABANCA, unha das mellor valoradas polos usuarios
  • O primeiro produto desta familia en chegar ao mercado será un seguro de vida por accidentes, que poderá contratarse desde a primeira semana de xuño
  • O cliente paga únicamente polos días nos que active a súa cobertura, a razón de menos de 1 euro por día, que se cargan no seu recibo mensual da Tarifa Plana

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • ABANCA Seguros ON-OFF ABANCA Seguros ON-OFF Ver ficheiro PDF
23-04-2019
Negocio

ABANCA Seguros, a división aseguradora de ABANCA, lanzará nos próximos meses unha nova xeración de seguros, denominada ON-OFF, que marcarán un fito no mercado asegurador español en materia de innovación, inmediatez, pago por uso e control directo por parte do cliente.

A principal característica destes produtos será a posibilidade de que o cliente acenda, apague e programe o seu seguro para telo activado unicamente nos días nos que necesite cobertura, de xeito directo, inmediato e sen limitacións nin condicións de ningún tipo.

A familia de produtos ON-OFF é un elemento destacado dentro da estratexia de dixitalización de ABANCA. Como tal contratarase e xestionarase exclusivamente a través da app de banca móbil da entidade financeira, unha das mellor valoradas polos usuarios en Google Play e Apple Store.

“Co lanzamento de ON-OFF non poñemos no mercado simplemente un novo produto, senón que reinventamos a relación que o cliente ten cos seus seguros. Con ON-OFF o cliente pasa a estar no centro desa relación e ten o control sobre o produto”, explica Álvaro García Diéguez, director xeral de ABANCA Seguros.

Primeiro lanzamento: seguro de vida por accidentes

O primeiro destes produtos en chegar ao mercado será un seguro de vida por accidentes que, seguindo a filosofía ON-OFF, poderá ser acendido, programado para proporcionar cobertura en datas concretas e apagado polo cliente cando así o desexe en función das súas necesidades de protección. Trátase do primeiro seguro sobre persoas destas características existente no mercado asegurador español e estará dispoñible para a súa contratación desde a primeira semana de xuño.

Este produto está dirixido a clientes de 18 anos en adiante, resultando de especial interese para aquelas persoas que por ter responsabilidades familiares presentan especiais necesidades de protección. O produto proporciona unha cobertura de 50.000 euros en caso de falecemento ou invalidez permanente absoluta por accidente.

No momento da contratación o cliente terá a posibilidade de escoller os seus beneficiarios e poderá optar por enviarlles unha notificación que os informe da súa condición. Os beneficiarios poderán ser modificados directamente polo cliente en calquera momento e de xeito directo.

O cliente estará asegurado desde que active o seguro (ON) ata que o desactive (OFF). Para maior comodidade, o produto permite a programación anticipada dos días de cobertura.

A prima a abonar pola súa contratación é de menos de 1 euro por día activado. O pago faise exclusivamente a través da Tarifa Plana de Seguros, un produto totalmente gratuito que permite aos clientes de ABANCA agrupar os seus seguros nun único recibo mensual, beneficiarse de ata un 7% de bonificación, aprazar pagos e recibir información integrada de tódalas súas coberturas nun único extracto periódico. O cliente abonará en cada mes únicamente o custo correspondente aos días nos que o seu seguro ON-OFF teña estado acendido.

Crecemento en seguros en 2018

ABANCA SegurosSerás redirixido a outro sitio web naceu en 2016 como parte da estratexia de especialización seguida por ABANCA para prestar servizo a determinados segmentos de clientes (empresas, sector agro e mar, crédito ao consumo, banca persoal e privada, etc.) que polas súas características presentan necesidades diferenciadas que requiren a atención de persoal con coñecementos específicos.

ABANCA Seguros opera nos ramos de vida-aforro, no que comercializa seguros de vida, plans de pensións e seguros de aforro, e de non-vida, dentro do que ofrece distintas solucións de protección para fogar, autos, empresas, saúde, viaxes, etc.

A actividade de ABANCA Seguros traduciuse en 2018 nun incremento do 13% no número de clientes asegurados. A nova produción de seguros xerais creceu un 5,2%, a de vida risco un 18% e a de seguros de empresas un 32%.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .