ABANCA lanza a familia de seguros ON-OFF, que o cliente pode acender, programar e apagar según necesite
- Tras a Tarifa Plana de Seguros, a entidade da un paso máis na súa estratexia de creación de productos disruptores, sinxelos e diferenciadores
- Pola súa variedade, carácter innovador, e adaptabilidade ás necesidades do cliente, os seguros ON-OFF son un produto único no mercado español
- O cliente activa, desactiva ou programa o seu seguro ON-OFF de xeito directo, inmediato e sen condicións
- A gestión realízase exclusivamente a través da banca móbil de ABANCA, unha das mellor valoradas polos usuarios
- O primeiro produto desta familia en chegar ao mercado será un seguro de vida por accidentes, que poderá contratarse desde a primeira semana de xuño
- O cliente paga únicamente polos días nos que active a súa cobertura, a razón de menos de 1 euro por día, que se cargan no seu recibo mensual da Tarifa Plana
Descarga los contenidos anexos
ABANCA Seguros, a división aseguradora de ABANCA, lanzará nos próximos meses unha nova xeración de seguros, denominada ON-OFF, que marcarán un fito no mercado asegurador español en materia de innovación, inmediatez, pago por uso e control directo por parte do cliente.
A principal característica destes produtos será a posibilidade de que o cliente acenda, apague e programe o seu seguro para telo activado unicamente nos días nos que necesite cobertura, de xeito directo, inmediato e sen limitacións nin condicións de ningún tipo.
A familia de produtos ON-OFF é un elemento destacado dentro da estratexia de dixitalización de ABANCA. Como tal contratarase e xestionarase exclusivamente a través da app de banca móbil da entidade financeira, unha das mellor valoradas polos usuarios en Google Play e Apple Store.
“Co lanzamento de ON-OFF non poñemos no mercado simplemente un novo produto, senón que reinventamos a relación que o cliente ten cos seus seguros. Con ON-OFF o cliente pasa a estar no centro desa relación e ten o control sobre o produto”, explica Álvaro García Diéguez, director xeral de ABANCA Seguros.
Primeiro lanzamento: seguro de vida por accidentes
O primeiro destes produtos en chegar ao mercado será un seguro de vida por accidentes que, seguindo a filosofía ON-OFF, poderá ser acendido, programado para proporcionar cobertura en datas concretas e apagado polo cliente cando así o desexe en función das súas necesidades de protección. Trátase do primeiro seguro sobre persoas destas características existente no mercado asegurador español e estará dispoñible para a súa contratación desde a primeira semana de xuño.
Este produto está dirixido a clientes de 18 anos en adiante, resultando de especial interese para aquelas persoas que por ter responsabilidades familiares presentan especiais necesidades de protección. O produto proporciona unha cobertura de 50.000 euros en caso de falecemento ou invalidez permanente absoluta por accidente.
No momento da contratación o cliente terá a posibilidade de escoller os seus beneficiarios e poderá optar por enviarlles unha notificación que os informe da súa condición. Os beneficiarios poderán ser modificados directamente polo cliente en calquera momento e de xeito directo.
O cliente estará asegurado desde que active o seguro (ON) ata que o desactive (OFF). Para maior comodidade, o produto permite a programación anticipada dos días de cobertura.
A prima a abonar pola súa contratación é de menos de 1 euro por día activado. O pago faise exclusivamente a través da Tarifa Plana de Seguros, un produto totalmente gratuito que permite aos clientes de ABANCA agrupar os seus seguros nun único recibo mensual, beneficiarse de ata un 7% de bonificación, aprazar pagos e recibir información integrada de tódalas súas coberturas nun único extracto periódico. O cliente abonará en cada mes únicamente o custo correspondente aos días nos que o seu seguro ON-OFF teña estado acendido.
Crecemento en seguros en 2018
ABANCA Seguros naceu en 2016 como parte da estratexia de especialización seguida por ABANCA para prestar servizo a determinados segmentos de clientes (empresas, sector agro e mar, crédito ao consumo, banca persoal e privada, etc.) que polas súas características presentan necesidades diferenciadas que requiren a atención de persoal con coñecementos específicos.
ABANCA Seguros opera nos ramos de vida-aforro, no que comercializa seguros de vida, plans de pensións e seguros de aforro, e de non-vida, dentro do que ofrece distintas solucións de protección para fogar, autos, empresas, saúde, viaxes, etc.
A actividade de ABANCA Seguros traduciuse en 2018 nun incremento do 13% no número de clientes asegurados. A nova produción de seguros xerais creceu un 5,2%, a de vida risco un 18% e a de seguros de empresas un 32%.