• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza B100, un novo modelo de banca dixital centrada en “saúde persoal, saúde do planeta e saúde financeira”

  • B100 inaugura unha nova categoría de banca: the healthy banking
  • A súa oferta inclúe o primeiro produto financeiro con que aforras mentres camiñas ou corres
  • O 25% dos ingresos que xenera a tarxeta Pay to Save adícanse a loitar contra a contaminación plástica do mar
  • ABANCA desenvolve un modelo de banking as a service para dar soporte ás súas dúas marcas comerciais

De esquerda a dereita, o responsable de Marketing de B100, Luis Franqueira; o responsable de Experiencia de Cliente, Bruno Rico; o director executivo, Jorge Mahía, e a responsable de Produto, Paloma Barreiro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Presentación de B100 no Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Presentación de B100 no Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

App de B100.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe da tarxeta de B100.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe corporativa de B100.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación B100 Presentación B100 Ver ficheiro PDF
  • Presentación B100 Vídeo presentación de B100, un novo modelo de banca dixital lanzado por ABANCA centrada en “saúde persoal, saúde do planeta e saúde financeira”. Serás redirixido a outro sitio web
29-02-2024
Corporativo Negocio

ABANCA presentou esta mañá no Museo de Ciencias Naturais do CSIC, en Madrid, o seu novo negocio de banca dixital, B100, un modelo de banca para particulares enmarcado nunha nova categoría: the Healthy Banking. A nova marca, que traballará coa ficha bancaria de ABANCA, presenta unha oferta financeira consistente en tres contas, dous delas remuneradas e unha tarxeta de débito. A presentación realizouna o director executivo de B100, Jorge Mahía, a responsable de Deseño e ESG, Paloma Barreiro, e o responsable de Marketing, Luis Franqueira.

Os clientes de B100 poderán contratar á vez e nun sinxelo proceso de alta as tres contas e a tarxeta; a Conta B100 para o día a día, a Conta Save, unha conta remunerada para os seus aforros e a Conta Health, única no seu deseño e que ten o obxectivo de fomentar o aforro mellorando a saúde do cliente. B100 ofrece aos seus clientes a posibilidade de lograr unha recompensa en forma de remuneración se cumpren certos hábitos saudables como camiñar ou correr.

“Ningún banco no mundo ligou ata agora o aforro coa saúde, para contribuír a mellorar o benestar da xente, cuns beneficios tan claros", asegurou Jorge Mahía, director executivo de B100.

Para mellorar a saúde do planeta, B100 destinará un 25% do que ingresa con cada pago que realiza un cliente coa súa tarxeta de débito “Pay to Save” a un proxecto de loita contra a contaminación mariña.

Na app os clientes terán acceso a un contador que lles mostrará o plástico recollido por cada compra que efectuou coa súa tarxeta, o total do plástico recollido no seu nome e o total do plástico retirado por toda a comunidade de clientes. Unha labor realizada en colaboración coa startup alacantina Gravity Wave, que conta ademais cun proceso de certificación que permite saber, gramo a gramo, onde se recolleu o plástico que, grazas a B100 e aos seus clientes, xa non contaminará o mar.

Desde o punto de vista de tecnoloxía, B100 supón tamén un importante fito para ABANCA. Neste proceso, a entidade perfeccionou as capacidades do seu core tecnolóxico bancario, para mellorar as súas fortalezas e poder ofrecer un modelo de “banking as a service” que da soporte a dúas marcas comerciais.

B100 está dispoñible desde hoxe na súa web www.b100.esSerás redirixido a outro sitio web e nas principais tendas de aplicacións do mercado.

Contas que melloran a saúde persoal e a do planeta

Os clientes de B100 contratarán no momento do alta con tres contas e unha tarxeta de débito. Trátase dun paquete sen comisións nin condicións de ningún tipo, que ofrece ao cliente, ademais dunha conta para o día a día (a Conta B100, á que estará vinculado Bizum, a tarxeta, etc), unha conta remunerada para os seus aforros (a Conta Save, que ofrece un 2,70%TAE ata 50.000 euros) e unha conta saúde (a Conta Health), cunha remuneración que alcanza o 3,40%TAE, tamén ata 50.000 euros e na que só poderá ingresar diñeiro de maneira automática se cumpre o obxectivo de pasos que se marcou. O diñeiro está sempre dispoñible en todas as contas e, por suposto, protexido polo Fondo de Garantía de Depósitos.

A conta Health é única no seu deseño e é a mellor maneira para aforrar mentres coidas a túa saúde.

O funcionamento é moi sinxelo: os usuarios deben vincular a súa app B100 co seu teléfono móbil para coñecer os pasos percorridos, camiñando ou correndo. Poderán fixarse unha meta diaria de pasos a alcanzar e seleccionar unha cantidade de diñeiro que, de cumprir ese obxectivo, traspasarase automaticamente á súa Conta Health remunerada.

A oferta da nova marca, que irrompe no mercado de banca de particulares español, ofrece ademais ferramentas que axudarán aos usuarios a “aforrar sen esforzo”, como diferentes tipos de redondeo, traspasos periódicos programados ou a posibilidade de dividir a súa Conta Save, tamén remunerada, en diferentes petos, entre outros.

Marca e campaña

A nova marca, segundo o explicado durante a rolda de prensa, deseñouse tamén desde o concepto de Healthy Banking. Reflicte, por unha banda, a aspiración de vivir 100 anos ou máis e, sobre todo, o desexo de facelo en plenitude, ao 100%, un concepto moi próximo á linguaxe financeira. A B é “unha continuación da A de ABANCA e é tamén unha invitación a vivir, a ser, a empezar a moverse pola saúde e polo planeta”. B100, Be hundred en inglés, diseñouse con visión e ambición internacional.

Durante o encontro cos medios de comunicación, Jorge Mahía explicou que o lanzamento da nova marca realizarase de forma escalada, cun primeiro obxectivo de captación de 4.000 clientes “que se converterán nos pioneiros dun proxecto moi ambicioso, que aspiramos a facer máis grande ata crear unha ampla comunidade de persoas preocupadas pola súa saúde e pola saúde do seu planeta, porque temos a capacidade real de cambiar as cousas”, asegurou.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .