ABANCA lanza B100, un novo modelo de banca dixital centrada en “saúde persoal, saúde do planeta e saúde financeira”
- B100 inaugura unha nova categoría de banca: the healthy banking
- A súa oferta inclúe o primeiro produto financeiro con que aforras mentres camiñas ou corres
- O 25% dos ingresos que xenera a tarxeta Pay to Save adícanse a loitar contra a contaminación plástica do mar
- ABANCA desenvolve un modelo de banking as a service para dar soporte ás súas dúas marcas comerciais
Descarga los contenidos anexos
ABANCA presentou esta mañá no Museo de Ciencias Naturais do CSIC, en Madrid, o seu novo negocio de banca dixital, B100, un modelo de banca para particulares enmarcado nunha nova categoría: the Healthy Banking. A nova marca, que traballará coa ficha bancaria de ABANCA, presenta unha oferta financeira consistente en tres contas, dous delas remuneradas e unha tarxeta de débito. A presentación realizouna o director executivo de B100, Jorge Mahía, a responsable de Deseño e ESG, Paloma Barreiro, e o responsable de Marketing, Luis Franqueira.
Os clientes de B100 poderán contratar á vez e nun sinxelo proceso de alta as tres contas e a tarxeta; a Conta B100 para o día a día, a Conta Save, unha conta remunerada para os seus aforros e a Conta Health, única no seu deseño e que ten o obxectivo de fomentar o aforro mellorando a saúde do cliente. B100 ofrece aos seus clientes a posibilidade de lograr unha recompensa en forma de remuneración se cumpren certos hábitos saudables como camiñar ou correr.
“Ningún banco no mundo ligou ata agora o aforro coa saúde, para contribuír a mellorar o benestar da xente, cuns beneficios tan claros", asegurou Jorge Mahía, director executivo de B100.
Para mellorar a saúde do planeta, B100 destinará un 25% do que ingresa con cada pago que realiza un cliente coa súa tarxeta de débito “Pay to Save” a un proxecto de loita contra a contaminación mariña.
Na app os clientes terán acceso a un contador que lles mostrará o plástico recollido por cada compra que efectuou coa súa tarxeta, o total do plástico recollido no seu nome e o total do plástico retirado por toda a comunidade de clientes. Unha labor realizada en colaboración coa startup alacantina Gravity Wave, que conta ademais cun proceso de certificación que permite saber, gramo a gramo, onde se recolleu o plástico que, grazas a B100 e aos seus clientes, xa non contaminará o mar.
Desde o punto de vista de tecnoloxía, B100 supón tamén un importante fito para ABANCA. Neste proceso, a entidade perfeccionou as capacidades do seu core tecnolóxico bancario, para mellorar as súas fortalezas e poder ofrecer un modelo de “banking as a service” que da soporte a dúas marcas comerciais.
B100 está dispoñible desde hoxe na súa web www.b100.es e nas principais tendas de aplicacións do mercado.
Contas que melloran a saúde persoal e a do planeta
Os clientes de B100 contratarán no momento do alta con tres contas e unha tarxeta de débito. Trátase dun paquete sen comisións nin condicións de ningún tipo, que ofrece ao cliente, ademais dunha conta para o día a día (a Conta B100, á que estará vinculado Bizum, a tarxeta, etc), unha conta remunerada para os seus aforros (a Conta Save, que ofrece un 2,70%TAE ata 50.000 euros) e unha conta saúde (a Conta Health), cunha remuneración que alcanza o 3,40%TAE, tamén ata 50.000 euros e na que só poderá ingresar diñeiro de maneira automática se cumpre o obxectivo de pasos que se marcou. O diñeiro está sempre dispoñible en todas as contas e, por suposto, protexido polo Fondo de Garantía de Depósitos.
A conta Health é única no seu deseño e é a mellor maneira para aforrar mentres coidas a túa saúde.
O funcionamento é moi sinxelo: os usuarios deben vincular a súa app B100 co seu teléfono móbil para coñecer os pasos percorridos, camiñando ou correndo. Poderán fixarse unha meta diaria de pasos a alcanzar e seleccionar unha cantidade de diñeiro que, de cumprir ese obxectivo, traspasarase automaticamente á súa Conta Health remunerada.
A oferta da nova marca, que irrompe no mercado de banca de particulares español, ofrece ademais ferramentas que axudarán aos usuarios a “aforrar sen esforzo”, como diferentes tipos de redondeo, traspasos periódicos programados ou a posibilidade de dividir a súa Conta Save, tamén remunerada, en diferentes petos, entre outros.
Marca e campaña
A nova marca, segundo o explicado durante a rolda de prensa, deseñouse tamén desde o concepto de Healthy Banking. Reflicte, por unha banda, a aspiración de vivir 100 anos ou máis e, sobre todo, o desexo de facelo en plenitude, ao 100%, un concepto moi próximo á linguaxe financeira. A B é “unha continuación da A de ABANCA e é tamén unha invitación a vivir, a ser, a empezar a moverse pola saúde e polo planeta”. B100, Be hundred en inglés, diseñouse con visión e ambición internacional.
Durante o encontro cos medios de comunicación, Jorge Mahía explicou que o lanzamento da nova marca realizarase de forma escalada, cun primeiro obxectivo de captación de 4.000 clientes “que se converterán nos pioneiros dun proxecto moi ambicioso, que aspiramos a facer máis grande ata crear unha ampla comunidade de persoas preocupadas pola súa saúde e pola saúde do seu planeta, porque temos a capacidade real de cambiar as cousas”, asegurou.