ABANCA lanza o programa ‘Vive la vida’ cunha oferta integral de produtos e servizos para maiores de 55 anos
- ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, contan con ampla experiencia na atención a este segmento e colaboraron no deseño desta solución global
- ‘Vive la vida’ estrutúrase en catro alicerces para atender todas as demandas do colectivo: lecer, crecemento persoal, asistencia e solucións financeiras
- O banco establece alianzas con provedores líderes no mercado como Legálitas, Cruz Vermella ou Ciberviaxes para ofrecer un servizo diferencial
ABANCA dá un paso máis no compromiso que mantén co colectivo de persoas maiores co lanzamento do programa ‘Vive la vida’, un paquete de produtos e servizos, tanto financeiros como non financeiros, deseñados para ofrecer unha solución global ás demandas e necesidades deste colectivo que está a protagonizar un gran cambio social e redefinindo esta etapa da vida.
O director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, explicou na presentación do programa que “foi pensado e construído polo banco da man de clientes e non clientes, a través de entrevistas en profundidade, enquisas e focus group, o que nos deu unha visión global do colectivo, así como dos seus intereses e preocupacións en distintos ámbitos, desde a atención financeira até o gozar do tempo libre”.
‘Vive la vida’Serás redirixido a outro sitio web constitúe, por tanto, a resposta do banco a ese traballo de investigación realizado ao longo do ano pasado tendo en conta os perfís máis activos e independentes destas persoas e as expectativas de vida máis longas.
Para iso, contou coa dedicación da Obra Social ABANCA, Afundación, que sumou esforzos coa entidade neste ámbito para avanzar no exercicio dos fins que lle son propios, dirixidos á realización dunha acción educativa, social e cultural que contribúa a mellorar a sociedade galega dentro e fóra de Galicia, posibilitando o desenvolvemento integral das persoas.
“Os equipos de ABANCA e Afundación sumaron todo o seu coñecemento para deseñar esta oferta, orientada á consecución dos seus respectivos obxectivos, na que estiveron traballando durante meses e que non queda aquí, senón que continuará ampliándose no futuro con novas solucións nas que sempre vai primar a calidade”, indicou Miguel Ángel Escotet.
Manuel Nogueira, director de Banca Particulares de ABANCA, destacou que “con este programa a entidade convértese en provedor integral de produtos e servizos para os maiores de 55 anos”, un segmento cun peso crecente en toda España e especialmente en Galicia, onde alcanza o 39% da poboación.
ABANCA é experta na atención a este colectivo, como reflicten os preto de 800.000 clientes deste grupo de idade aos que ofrece servizos financeiros na actualidade, o que supón unha cota en Galicia do 74%. Ademais, unha de cada dúas pensións galegas está domiciliada na entidade e a capilaridade da súa rede comercial permítelle dar cobertura ao 98,1% da poboación da comunidade autónoma. En concreto, é a única entidade que presta servizos financeiros en 100 municipios.
Catro piares para unha solución integral
O director de Banca Particulares sinalou que o programa “estruturouse en catro grandes bloques en función das necesidades e demandas ás que dan cobertura: lecer ou goce do tempo libre, crecemento persoal, asistencia e asesoramento, e solucións financeiras”. “O paquete”, subliñou, “inclúe desde ofertas de viaxes, actividades de entretemento, cursos de formación e accións de voluntariado, até seguros específicos de dependencia e saúde, servizos de asistencia no fogar, asesoramento financeiro e xurídico, ou solucións relacionadas coa vivenda”.
Na elaboración da oferta tivo un papel determinante a ampla experiencia de Afundación no ámbito do envellecemento activo, unha das súas tres liñas estratéxicas de actuación. A Obra Social do banco dispón dunha rede de once Espazos +60 nas principais cidades galegas que suman máis de 14.000 socios e cada ano organiza máis de 1.500 actividades para maiores nas que participan máis de 26.000 persoas.
Sabela Couceiro, coordinadora da área de Envellecemento Activo de Afundación, explicou que “Vive la vida recolle o espírito destes centros, que son lugares para seguir crecendo onde ofrecemos propostas para mellorar o benestar, cultivar o talento artístico, seguir aprendendo, relacionándose ou pondo a experiencia ao servizo de nenos, novos e doutros colectivos”. Ademais de xuntar esforzos con Afundación, para ofrecer un servizo diferencial, ABANCA estableceu novas alianzas con provedores líderes no mercado nos seus respectivos sectores de actividade, como Legálitas, Cruz Vermella ou Ciberviaxes.
Toda a oferta que abarca ‘Vive la vida’ está dispoñible para a súa consulta no espazo web específico [abanca.com/vivelavidaSerás redirixido a outro sitio web, desde onde as persoas interesadas poderán tamén coñecer como acceder a estes produtos e servizos, que nalgúns casos será a rede de oficinas de ABANCA e noutros directamente a través da web.
Ocio
No apartado de lecer e tempo libre, que na campaña publicitaria que acompaña ao programa denominouse ‘Disfrute'Serás redirixido a outro sitio web, ocupa un lugar destacado a oferta de paquetes turísticos. A proposta que realiza o banco, elaborada con Ciberviaxes, inclúe cinco destinos para 2020: Toscana, Croacia, Provenza, País Vasco e Torremolinos. Ademais, Afundación, no desenvolvemento dos seus programas, manterá a habitual oferta de viaxes para os socios dos seus Espazos +60, que o próximo ano poderán visitar La Rioja e Álava, Escocia, Huelva e Albufeira, Austria e O Cairo.
Neste bloque inclúense tamén cursos e talleres orientados a desenvolver hábitos saudables que xa formaban parte do programa de envellecemento activo de Afundación. Estas actividades teñen como obxectivo favorecer unha vida activa nun sentido amplo, desde a práctica habitual de exercicio físico até o adestramento das capacidades cognitivas.
Crecemento persoa
l Baixo o paraugas de ‘Crecemento’Serás redirixido a outro sitio web intégranse propostas vinculadas ao programa de voluntariado que desenvolve a Obra Social ABANCA e que busca aproveitar o talento, o coñecemento e a experiencia profesional e persoal das persoas maiores para axudar á mocidade ou a outros maiores.
A oferta neste ámbito complétase coa ampla listaxe de actividades formativas que se realizan nos Espazos +60 e que comprenden desde a expresión artística, os idiomas, a dixitalización ou a educación financeira a cursos de humanidades sobre a historia da arte, a pintura, a música ou o cinema.
Asesoramento e asistencia
O terceiro bloque constitúeno as solucións de ‘Asistencia’Serás redirixido a outro sitio web este apartado intégranse novos servizos que xorden das alianzas con terceiros, como o asesoramento xurídico e fiscal de Legálitas, que ofrece tres produtos diferentes para adaptarse ás necesidades do usuario cun desconto de entre un 20 e un 25%.
Os clientes de ABANCA tamén poderán gozar dunhas condicións especiais no servizo de teleasistencia no fogar que ofrece Cruz Vermella, que achega seguridade ás persoas maiores que queren manter a súa independencia.
Outra novidade neste ámbito é a incorporación ao catálogo de produtos de ABANCA dun seguro de dependencia, para o que se contou coa experiencia de Caser, que busca dar solución ao incremento de casos de gran dependencia e dependencia severa, unha das principais preocupacións que manifestaron no estudo realizado. O colectivo de persoas maiores poderá contratar tamén un seguro de saúde sénior de Sanitas independentemente da súa idade.
Solucións financeiras
No cuarto e último bloque, que se presenta como ‘Números’Serás redirixido a outro sitio web, intégrase un amplo abanico de solucións financeiras que xa estaban no catálogo do banco, como ‘Júbilo’, o servizo de asesoramento para a xubilación; o anticipo da pensión; a tarxeta dourada Renfe ou a Tarxeta Tú; o adiamento de pagos a través de Applázame e Diñeiro Express; a Tarifa Plana de ABANCA Seguros, na que poderán incluír o de decesos e o de saúde, ou o asesoramento personalizado que ofrecen os xestores especializados de ABANCA Persoal.
A principal novidade neste apartado está relacionada coa posibilidade de rendibilizar a vivenda en propiedade, xa sexa para a adquisición doutra máis pequena ou por necesidades de liquidez. As persoas nesta situación poderán contar co asesoramento especializado de Escogecasa, a división inmobiliaria do Grupo ABANCA, que se encargará de xestionar a venda dunha maneira preferente e tamén poderá informarlles das implicacións fiscais que leva. Para facilitar a operación, o comprador poderá acceder a un financiamento en condicións vantaxosas.
Este amplo catálogo de produtos e servizos constitúe a primeira fase do programa ‘Vive a vida’, no que ABANCA, sumando esforzos con Afundación, continúa traballando para incorporar en 2020 novos produtos e servizos que respondan as necesidades que expón este colectivo prioritario para ambas as dúas organizacións.