• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza o seu primeiro plan de pensións de emprego simplificado para autónomos

  • "ABANCA Emprendedores e Profesionais" diríxese a calquera traballador por conta propia en España
  • É un produto sinxelo e flexible, que posibilita un maior aforro financeiro para a xubilación e ofrece máis vantaxes fiscais que os plans de pensións individuais
  • Para a promoción conta coa colaboración da Federación Gallega de Comercio

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

12-12-2023
Negocio

ABANCA iniciou a comercialización de "ABANCA Emprendedores e Profesionais", o seu primeiro plan de pensións de emprego simplificado (PPES) dirixido a persoas traballadoras autónomas. Trátase dunha nova solución pensada para complementar a xubilación deste colectivo, que lle permite xerar un maior aforro que os plans de pensións individuais e, por conseguinte, unha maior dedución fiscal.

O novo plan está xestionado por ABANCA Vida y Pensiones. Pódese contratar en calquera oficina de ABANCA e poderá acceder a el calquera profesional por conta propia ou autónomo en España que acredite esta condición, con independencia do seu sector de actividade. Para a promoción deste instrumento, ABANCA contou coa Federación Galega de Comercio (FGC), entidade coa que o banco mantén un marco de colaboración permanente e que o ofrecerá activamente aos seus asociados.

Os traballadores autónomos e profesionais por conta propia poderán achegar anualmente a este vehículo de previsión social ofertado por ABANCA 4.250 euros adicionais ao límite xeral de 1.500 euros establecido para plans de pensións. Por tanto, poderán destinar ata un total de 5.750 euros anuais para completar a súa pensión pública de xubilación, máis do triplo da achega máxima vixente para o sistema individual. Esa mesma cantidade poderase reducir da base impoñible do IRPF, o que supón unha importante vantaxe fiscal para este colectivo.

Achegas voluntarias e flexibles

Outra das vantaxes deste instrumento de aforro a longo prazo é a voluntariedade e flexibilidade das achegas. Os ingresos pódense efectuar de forma única ou periódica ao longo do ano, reducir, e mesmo suspender, en épocas de baixos beneficios, e aumentar cando a situación o permita. Ademais, do mesmo xeito que os plans individuais, é posible adiantar a cobranza deste aforro para a xubilación en caso de determinados supostos, como desemprego de longa duración, enfermidade grave, incapacidade total ou permanente, dependencia severa ou gran dependencia e falecemento.

"ABANCA Emprendedores e Profesionais" intégrase no Fondo de Pensiones ABANCA Jubilación V, cunha política de investimento que se adapta ao perfil aforrador e idade media deste colectivo profesional.

“Trátase dunha solución moi beneficiosa que axuda a complementar a pensión pública de xubilación dos traballadores autónomos, un colectivo que tradicionalmente ten unhas bases de cotización reducidas”, subliña Concepción Prado, directora de Deseño e Desenvolvemento de Produto de ABANCA Seguros. “Con este novo plan poden adaptar as achegas ás súas circunstancias e ingresos, xerando un maior aforro financeiro e fiscal que no caso dos plans individuais, e cunha maior eficiencia en canto a custos de xestión", precisa.

Unha vez contratado, o autónomo poderá consultar a evolución do saldo, movementos e documentación do seu plan a través da banca móbil e banca electrónica de ABANCA. Esta información estará tamén dispoñible no portal web MiPlan, do mesmo xeito que o resto de modalidades de plans e outros instrumentos de previsión social xestionados por ABANCA Vida y Pensiones.

Con este vantaxoso instrumento de aforro a longo prazo, ABANCA reafirma o seu compromiso co colectivo de autónomos e traballadores por conta propia, un segmento prioritario no modelo do banco e cun peso moi relevante na economía española. A entidade presta servizo a estes profesionais a través de ABANCA Negocios, unha unidade especializada que pon á súa disposición unha oferta de produtos e servizos adaptados ás particularidades do colectivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .