• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza o seu primeiro seguro de fogar, que o cliente pode personalizar e pagar mes a mes

  • O novo produto permite a súa configuración á medida de cada cliente en función de se é propietario ou inquilino, as súas necesidades de cobertura e o tipo de vivenda, e inclúe opcións de pago por uso
  • Pódese pagar mes a mes sen xuros nin comisións e, se o cliente ten máis seguros en ABANCA, pode agrupalos nun único recibo mensual e aforrar ata un 7% do importe total
  • ABANCA lanzou este ano outros dous seguros, de vida e de negocios, que se suman aos de coche e protección de pagos, cos que debutou no mercado asegurador en 2021

De esquerda a dereita, Álvaro García, Sonia Lucio e Luis Moya, durante a presentación do novo seguro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-11-2022
Negocio

ABANCA presentou esta mañá na Coruña o seu primeiro seguro propio de fogar, un produto sinxelo, modular e totalmente personalizable, que o cliente pode configurar en función do seu perfil, as súas necesidades de protección e as características da súa vivenda.

O director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, e a directora comercial da división, Sonia Lucio, foron os encargados de expoñer as características e vantaxes diferenciais do seguro, acompañados polo coñecido copiloto de rally Luis Moya, prescritor da división aseguradora do banco. O acto desenvolveuse nun espazo temporal instalado na oficina principal de ABANCA na Coruña no que se representaba o salón dunha casa e que serviu como antesala da campaña de publicidade que se lanzará nos próximos días para dar a coñecer o novo produto, co slogan ‘Un seguro tan teu como o teu fogar’.

Vantaxes competitivas

Seguindo a filosofía dos seguros propios de ABANCA, a nova oferta do banco para o ramo de fogar destaca pola súa flexibilidade e innovación, ademais de polas súas coberturas diferenciais. “É un seguro que cada cliente pode modelar como un traxe a medida grazas a diferentes escalas de personalización, e pagar polo que realmente necesita”, sintetizou Álvaro García.

Lanzado a través da filial ABANCA Seguros Generales, o novo seguro de fogar de ABANCA inclúe vantaxes competitivas e dispoñibles en todas as pólizas, como o servizo ‘Manitas’, a reparación e substitución de electrodomésticos ou a cobertura de danos por auga, entre outras. Ademais, desde o primeiro momento o cliente pode adaptar as coberturas -e capitais- ás súas circunstancias e necesidades de protección. “Pode configurar o seu seguro en función de se é propietario ou inquilino, se quere asegurar a súa vivenda habitual ou unha segunda residencia ou do nivel de protección desexado, entre outras opcións, e elixir entre un amplo abanico de garantías e servizos adicionais”, detallou Sonia Lucio. Por exemplo, é posible engadir á póliza un paquete específico de mascotas, cobertura de piscinas ou mesmo ampliar indemnizacións por xoias ou obxectos de valor especial.

O cliente poderá contratar e xestionar o seu seguro de fogar a través da Plataforma ABANCA Seguros Omnicanal, ferramenta dixital dispoñible tanto desde as oficinas como desde as canles a distancia. Unha vez contratado, poderá complementar a súa póliza con opcións ON-OFF como a asistencia en viaxes ao estranxeiro ou a cobertura de bicicleta ou patinete eléctricos, que poderá activar ou desactivar cando queira, pagando unicamente polos días de uso.

Novos seguros de negocios e de vida risco

Este innovador produto é o quinto seguro propio que a entidade financeira galega coloca no mercado a través da súa división ABANCA Seguros. Tras a súa estrea en 2021 co seu seguro de coche ‘Copiloto’ e unha solución integral de vida e protección de pagos, o banco lanzou durante o primeiro semestre deste ano un seguro multirrisco para negocios e un produto de vida risco.

Deseñado e desenvolvido por ABANCA Vida y Pensiones, o novo seguro de vida de ABANCA simplifica nun único produto coberturas e garantías que poden configurarse en función das distintas fases vitais e demandas de protección familiar, axustando incluso o capital a necesidades que poidan xurdir no futuro. Este seguro incorpora, ademais, un compoñente de responsabilidade social: por cada póliza contratada, ABANCA Vida e Pensións doará un euro á iniciativa social que elixa o cliente entre as impulsadas por Afundación, a Obra Social de ABANCA.

Pola súa banda, o novo seguro de negocios de ABANCA, desenvolvido por ABANCA Seguros Generales, está dirixido a autónomos, comercios e pemes, e engloba os clásicos produtos multirrisco nunha única proposta de valor personalizada en función da actividade de cada negocio e das necesidades do cliente. Ademais da súa personalización con garantías, paquetes opcionais e vantaxes ON-OFF, conta cunha serie de coberturas diferenciais para todos os asegurados, como a defensa xurídica ilimitada, a asistencia xurídica telefónica 24 horas e a axuda ao cliente coa dixitalización do seu negocio.

Facilidades de pago

Unha das grandes vantaxes competitivas destes novos produtos é a súa facilidade de pago. Grazas á Tarifa Plana de ABANCA Seguros, coa que o banco galego foi pioneiro no sector en 2016, o cliente pode agrupar as pólizas dos seus seguros nun único recibo e fraccionar o pago de forma gratuíta en cómodas cotas mensuais. Ademais, poderá aprazar, tamén sen xuros nin comisións, ata dúas cotas mensuais ao ano, e aforrar ata un 7% do recibo mensual, en función dos seguros que teña domiciliados.

Co lanzamento destes tres novos produtos, ABANCA dá un impulso significativo a unha liña de negocio considerada estratéxica e ao seu modelo de relación omnicanal centrado no cliente. O banco ten previsto seguir ampliando a súa oferta aseguradora propia nos próximos meses con novos produtos e ramos para particulares.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .