• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza o seu primeiro seguro propio de saúde

  • O novo produto dá acceso a máis de 40.000 especialistas e 15.000 centros médicos, e ofrece videoconsulta e chat médico 24 horas
  • O cliente pode elixir entre tres modalidades de cobertura e personalizalas con distintas opcións segundo as súas necesidades
  • En función da modalidade, cada asegurado pode beneficiarse de ata 100 euros de reembolso ao ano en gastos de farmacia e de óptica
  • Todas as xestións relacionadas co novo seguro poden realizarse de forma cómoda e sinxela desde unha app exclusiva

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-10-2023
Negocio

ABANCA lanza ao mercado o seu primeiro seguro propio de saúde, da man de ABANCA Seguros Generales (ASG). O novo produto destaca polas súas amplas coberturas asistenciais, a súa sinxeleza e a súa flexibilidade, ao ofrecer múltiples opcións de personalización en función das circunstancias e necesidades do cliente, así como unha cómoda xestión a través dunha app móbil exclusiva.

O seguro de saúdeSerás redirixido a outro sitio web de ABANCA dá acceso a un completo cadro médico de máis de 40.000 especialistas e 15.000 centros asistenciais por toda a xeografía española. Ademais, ofrece os servizos de videoconsulta, chat médico as 24 horas do día, segunda opinión médica e unha liña de atención psicoemocional, así como un complemento bucodental con máis de 20 servizos gratuítos e tarifas especiais no resto.

O asegurado pode elixir entre tres modalidades de seguro: Saúde - Esencial, que inclúe consultas con especialistas, probas diagnósticas e tratamentos sinxelos que non precisan atención hospitalaria; Saúde - Completo, con asistencia integral dentro do cadro médico; e Saúde - Reembolso, que permite, ademais do acceso ao cadro médico incluído na póliza, a libre elección doutros especialistas e centros, con reembolso de ata un 80% dos gastos. O produto ofrece tamén, por asegurado e ano, un 50% de reembolso de ata 100 euros en gastos de farmacia (incluíndo vacinas infantís) e doutros 100 euros en gastos de óptica, excepto na modalidade Saúde - Esencial.

Independentemente da modalidade elixida, o cliente pode complementar e personalizar o seu seguro de ABANCA con paquetes adicionais como o acceso aos servizos da Clínica Universidad de Navarra (CUN), maiores coberturas de saúde e benestar familiar ou servizos adaptados para persoas maiores de 60 anos ou autónomos, entre outros. Ademais, pode ampliar as coberturas con opcións ON-OFF, que se activan só cando se necesiten.

“É un produto moi competitivo, flexible e personalizable, que se adapta ás necesidades de cada familia, con coberturas e vantaxes diferenciais e de calidade dispoñibles en todas as pólizas, que poden personalizarse segundo as circunstancias de cada cliente. Ademais, conta con outros beneficios, como, por exemplo, as opcións de pago por uso ou as facilidades de pago a través da Tarifa Plana de Seguros”, resalta Sonia Lucio, directora xeral de ABANCA Seguros.

Fácil xestión desde o móbil

O novo seguro de saúde de ABANCA compleméntase cunha aplicación móbil exclusiva, desde a que o cliente pode realizar todas as xestións relacionadas co produto: consultar o cadro médico, pedir, cancelar ou reprogramar citas; acceder aos servizos de chat médico e videoconsulta, solicitar autorizacións de probas e reembolsos, etcétera.

En liña co modelo de relación omnicanal co cliente que impulsa a entidade e que caracteriza a oferta de ABANCA Seguros, o novo seguro está dispoñible para a súa contratación na rede de oficinas do banco, así como nas súas canles a distancia de banca móbil e banca telefónica.

Con este lanzamento, ABANCA pon no mercado o quinto produto da súa oferta de seguros propios a través da compañía ASG. Coa súa entrada neste importante ramo asegurador, o banco pretende dar un novo salto significativo nunha liña de negocio estratéxica. Para dar a coñecer o produto e apoiar a súa comercialización, está prevista unha importante campaña de publicidade, protagonizada polo copiloto de rally Luis Moya, prescritor de ABANCA Seguros.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .