• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza o seu terceiro fondo de investimento responsable para xestión discrecional de carteiras

  • O fondo ABANCA Renta Fija Transición Climática 360, FI foi aprobado xa pola CNMV e é un dos primeiros produtos de investimento españois da súa clase clasificados como artigo 9 do SFDR
  • O produto conta cun obxectivo de investimento sostible centrado na loita contra o cambio climático a través da transición cara á economía descarbonizada

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-07-2021
Negocio Sostenibilidad

ABANCA reforzará o seu catálogo de produtos de investimento sostible co lanzamento dun novo fondo de investimento marca ABANCA vinculado á loita contra o cambio climático e a descarbonización da economía. Este novo fondo, denominado ABANCA Renta Fija Transición Climática 360, FI, súmase aos dous fondos sostibles lanzados pola entidade no pasado mes de xuño, ABANCA Renta Variable ESG 360, FI e ABANCA Renta Fija ESG 360, FI.

O fondo ABANCA Renta Fija Transición Climática 360, FI é un dos primeiros produtos de investimento españois da súa clase clasificados como artigo 9 do SFDR (Regulamento sobre a divulgación de información relativa á sostibilidade no sector dos servizos financeiros da UE), referido a produtos con obxectivo de investimento sostible.

O obxectivo de investimento sostible de ABANCA Renta Fija Transición Climática 360, FI é a loita contra o cambio climático a través da transición cara á economía descarbonizada, promovendo a mellora do medioambiente e a redución da contaminación. Para iso replica o índice Solactive 360 Euro IG Corporate CTB Index, que á súa vez ten como obxectivo de investimento sostible unha porcentaxe mínima de descarbonización do 7% anual, partindo dunha descarbonización inicial do 30%. O resultado é unha carteira nunha traxectoria de descarbonización aliñada cos obxectivos do Acordo de París.

A súa incorporación ao catálogo de produtos de ABANCA inscríbese na liña de acción socioeconómica do Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible ABANCA 2021-2024, co obxectivo específico de impulsar a transformación da economía cara a un novo modelo baseado na sostibilidade. A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) comunicou xa a aprobación deste novo fondo.

Modelo Alpha 360

Como os dous fondos lanzados en xuño, ABANCA Renta Fija Transición Climática 360, FI será xestionado por Imantia Capital, SGIIC, SA e utilizarase exclusivamente para o servizo de xestión discrecional de carteiras (GDC) de ABANCA. En especial está dirixido a Cartera ABANCA 360, que combina xestión activa, pasiva e sostibilidade.

Cartera ABANCA 360, así como as carteiras sostibles Alpha Responsable e Alpha Exponential Future, clasificouse como artigo 8 de SFDR (baixo o que tamén se sitúan ABANCA Renta Variable ESG 360, FI e ABANCA Renta Fija ESG 360, FI).

Cartera ABANCA 360 é un servizo de xestión de carteiras que aúna xestión activa, xestión pasiva e sostibilidade. Contando cun importe mínimo de investimento de 3.000 euros, Cartera ABANCA 360 permite ampliar o número de clientes que poden acceder ao servizo de xestión de carteiras. Con anterioridade, o servizo presentaba mínimos de entrada superiores e estaba limitado aos clientes de ABANCA Privada e ABANCA Personal.

Cartera ABANCA 360 foi deseñado de acordo co modelo Alpha360, marco metodolóxico que combina as capacidades e expertise dos xestores e analistas de ABANCA coas ferramentas de intelixencia artificial. Os produtos e servizos xestionados baixo o modelo Alpha360 contan cunha valoración moi positiva por parte dos clientes, tanto pola súa rendibilidade axustada ao risco como polo seu comportamento ante situacións desfavorables do mercado como o ano 2020, no que contiveron as caídas nos peores momentos e finalmente pecharon en terreo positivo para todas as estratexias e perfís.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .