• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza unha aplicación para acceder a información e ofertas no festival Vigo SeaFest

  • A app, compatible con terminais Android e iOS, permitirá aos visitantes coñecer a programación e beneficiarse de promocións en tempo real
  • A entidade financeira volve a habilitar solucións de pago áxiles para reducir o tempo de espera nos espazos de restauración
  • O banco contará cunha área tecnolóxica na que os asistentes do festival poderán coñecer ao robot R4, competir nunha regata telequinésica ou probar un simulador de realidade virtual

Presentación das solucións de ABANCA para o Vigo SeaFest

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Presentación das solucións de ABANCA para o Vigo SeaFest

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-06-2018
Negocio

ABANCA renova o seu compromiso co evento gastronómico, cultural e deportivo Vigo SeafestSerás redirixido a outro sitio web, organizado pola Cooperativa de Armadores da Pesca do Porto de Vigo (ARVI). A sede institucional de ABANCA en Vigo foi o escenario escollido para dar a coñecer as novidades nas que traballou a entidade nos últimos meses e que van permitir aos visitantes deste evento contar cos máis recentes avances en materia de información en tempo real e pago. A cita terá lugar entre o 5 e o 8 de xullo na Zona Náutico de Vigo.

O xerente de Intelixencia de clientes e CRM de ABANCA, Juanjo González Serrano, foi o encargado de presentar a aplicación “Vigo SeaFest by ABANCA”, que a entidade financeira desenvolveu exclusivamente para o festival. Trátase dunha app que permite acceder en directo a todas as novidades e ofertas que se xeren durante o evento. “Vigo SeaFest by ABANCA” contén a información actualizada dos espazos de restauración presentes na cita e recolle a súa oferta gastronómica, pero tamén datos de utilidade como o emprazamento exacto ou as valoracións dos usuarios do festival.

De maneira adicional, esta aplicación incorpora un mapa actualizado con todos os puntos de interese do certame, un buscador de información e un servizo de alertas personalizado que envía notificacións cando comeza un evento ou está dispoñible un desconto. A app tamén permite acceder ás distintas ofertas que poidan lanzar os espazos gastronómicos durante o festival e recargar ou acceder ao moedeiro electrónico. A app “Vigo SeaFest by ABANCA” é compatible cos terminais Android e iOS e xa se pode descargar de maneira gratuíta desde as tendas de aplicacións oficiais Google Play e App Store.

Para axilizar o cobro das consumicións nos diferentes espazos de restauración do festival, ABANCA habilitou tabletas de última xeración conectadas a terminais de cobro portátiles. Os visitantes poderán pagar de maneira rápida e sen comisións con calquera tarxeta de débito ou crédito a través das tecnoloxías contactless, chip ou banda magnética. Os usuarios poderán ademais empregar o moedeiro virtual para dispositivos móbiles creado pola entidade financeira en exclusiva para o Vigo Seafest. Esta solución de pago permite recargas tanto nos espazos habilitados no recinto, desde a app “Vigo SeaFest by ABANCA” ou na propia web do festival e é compatible tanto con dispositivos Android como iOS. O evento contará con tarxetas de prepagamento gratuítas que se poderán recargar nos despachos de billetes.

Pola súa parte, o presidente de ARVI, Javier Touza, destacou que “Vigo SeaFest é un festival esencialmente familiar, e inclusivo, polo que o acceso fácil e rápido a toda a súa oferta gastronómica e de lecer é unha prioridade para nós”.

Innovación e apoio ao sector

A presentación serviu para que o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, dera a coñecer o espazo propio de innovación co que contará a entidade financeira no Vigo SeaFest. Este expositor permitirá coñecer as propostas do banco vinculadas ás novas tecnoloxías e o lecer e recibirá a visita de R4, o robot de ABANCA que se converteu no primeiro humanoide capaz de interactuar e de atender a clientes no sector financeiro en España.

O lecer nesta área será o gran protagonista gracias tamén a unha regata telequinésica creada por ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web na que os veleiros se moverán impulsados pola mente. Os participantes poderán competir nunha carreira na que o gañador será quen demostre unha maior capacidade de concentración. Por último, en colaboración con Samsung, os asistentes ao Vigo SeaFest poderanse transportar a outros lugares ou vivir aventuras grazas aos dispositivos de realidade aumentada da marca coreana. Tanto a regata telequinésica de ABANCA Innova como a experiencia de realidade virtual serán completamente gratuítos para os visitantes, que simplemente deberán obter o seu cupón a través da app “Vigo SeaFest by ABANCA”.

O impulso de ABANCA a este festival forma parte do compromiso que mantén a entidade financeira co mundo do mar e toda a súa cadea valor e un paso máis na histórica relación con ARVI. O banco conta des hai case dous anos cunha unidade especializada, ABANCA Mar, que ofrece solucións a más de 20.000 clientes deste segmento. En palabras do director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez, “Vigo SeaFest é un evento consolidado que contribúe a poñer en valor a importancia deste sector, dos seus produtos e da nosa gastronomía con fama mundial”.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .