• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza unha hipoteca que limita o impacto da subida do euríbor durante os seis primeiros anos

  • Coa nova hipoteca Mari Carmen Plus, o cliente coñecerá de antemán a cota máxima que chegaría a pagar durante os seis primeiros anos da hipoteca, cando a carga de xuros adoita ser maior
  • O produto, novo no mercado español, parte dun tipo de xuro fixo os 12 primeiros meses e establece un límite á subida do euríbor durante os cinco anos seguintes
  • O cliente pode rebaixar ata nun 1% o diferencial sobre o tipo de xuro pola contratación ou o uso de produtos e servizos como a domiciliación de nómina, seguros ou pagos con tarxeta de crédito

Oficina de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-10-2022
Negocio

ABANCA reforzou a súa oferta comercial coa hipoteca Mari Carmen Plus, unha solución nova no mercado que protexe ao cliente ante a subida de tipos de xuro durante os primeiros anos do préstamo, nos que a carga de xuros adoita ser maior.

O novo préstamo hipotecario de ABANCA ofrece un tipo de xuro fixo durante os 12 primeiros meses, e variable o resto de períodos (euríbor máis diferencial). A partir do segundo ano, e ata o sexto, limítase a subida do euríbor a unha porcentaxe máxima. Na oferta de lanzamento, este límite fixouse no 3,5%.

Grazas a esta característica diferenciadora da hipoteca Mari Carmen PlusSerás redirixido a outro sitio web, se o euríbor sobe por encima do límite establecido, para o cálculo do tipo de xuro do préstamo tomarase esa porcentaxe máxima, á que se lle sumará o diferencial correspondente. Con todo, se a taxa de referencia se sitúa por baixo do límite fixado, aplicarase para o cálculo do tipo de xuro o índice euríbor que estea vixente nese momento (máis o diferencial que corresponda). Así, desde o momento no que o cliente contrata a súa hipoteca, coñecerá de antemán o importe máximo de cota que podería chegar a pagar durante os seis primeiros anos.

“Trátase dunha solución alternativa e nova, coa que queremos dar resposta ás necesidades dos nosos clientes, que hoxe máis que nunca buscan estabilidade e tranquilidade na xestión das súas hipotecas ante a contorna actual de subida continua de tipos de referencia”, explica Saray Cendón, directora de Desarrollo de Negocio de ABANCA. “Coa nosa hipoteca Mari Carmen Plus cubrimos as necesidades actuais dos nosos clientes, sen que estes renuncien a beneficiarse a futuro das posibles baixadas do tipo de xuro”, subliña.

Opcións de bonificación

A nova hipoteca Plus de ABANCA inclúe, do mesmo xeito que o resto de modalidades Mari Carmen, a posibilidade de mellorar o tipo de xuro en función da vinculación do cliente. Con produtos ou servizos como a domiciliación de nómina, o pago de compras coa tarxeta de crédito ou a contratación dun seguro de fogar ou de vida, entre outros, poderase reducir ata un 1% o diferencial sobre o tipo de xuro aplicable ao préstamo. Esta bonificación permitirá rebaixar o diferencial que se sumará ao euríbor que corresponda.

Esta nova modalidade hipotecaria, xa dispoñible tanto na rede de oficinas como na web comercial de ABANCA, poderase solicitar a un prazo máximo de 30 anos para financiar ata o 80% do menor dos seguintes valores: o da taxación da vivenda ou o do prezo da compravenda. Do mesmo xeito que ocorre no resto de hipotecas ABANCA para familias, os gastos de notaría, rexistro e xestoría son asumidos pola entidade bancaria.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .