ABANCA lanza unha nova tarxeta de privilexios para premiar aos seus clientes coa colaboración de Mastercard
- Ademais de ofrecer descontos directos nos establecementos vinculados, ABANCAcard tamén pode contratarse como una tarxeta de crédito
- Mastercard avala coa súa experiencia a seguridade e innovación da nova tarxeta de ABANCA
ABANCA Servicios Financieros (ASF) lanza ABANCAcard, unha tarxeta que premia a fidelidade dos seus clientes y lles permite acceder a ofertas e promocións de maneira directa. Desenvolvida da man de Matercard, trátase dun servizo gratuíto que pode utilizarse como tarxeta de crédito e non ten comisións asociadas.
O seu funcionamento é moi sinxelo, xa que, para beneficiarse dos descontos, soamente é necesario mostrala nos establecementos adheridos, os cales pódense consultar na web da propia tarxeta, www.abancacard.com, de forma actualizada. “Trátase dunha tarxeta coa que queremos reforzar a vinculación dos nosos clientes e dos propios establecementos”, explica Salvador Loscertales, director de ASF.
Ademais de constituír unha porta de entrada ao programa de beneficios de ASF, é posible convertila nunha tarxeta de crédito aunando dúas utilidades nun só elemento, dotándoa de maior comodidade. Outra das súas vantaxes clave é o estar exenta de comisións por emisión, renovación ou duplicado, ademáis de non aplicárselle todos os cobros adicionais asociados a reintegros en efectivo en caixeiros nacionais ou internacionais.
Algunhas das vantaxes das que tamén poden gozar os seus titulares son o programa de saúde con especial atención á vista e o oído, descontos para o fogar, ou o regalo directo dun disco dura Bluesens de 30GB valorado en 35 euros. Para o seu uso como tarxeta de crédito, ABANCA contou co apoio de Mastercard. Nesta modalidade, o crédito inicial ampliable será de 1.000 euros, operando como tarxeta con financiación por defecto, aínda que susceptible de modificación a outras opcións como pago a fin de mes. Ademais, se as compras efectuadas realízanse en modo financiación terán unha devolución do 1%.
A activación de ABANCAcard como tarxeta de crédito permite, ademais, o control dos movementos realizados desde a App, permitindo decidir como pagar con ela, así como dispoñer dun seguro gratuíto. Así mesmo, a través da App (dispoñible para Android e iOS), a tarxeta de privilexios pódese xestionar a distancia a través da web ou telefonicamente.
Segundo Paloma Real, directora xeral de Mastercard España, “desde Mastercard estamos encantados de poñer a nos tecnoloxía ao servizo dos nosos clientes, como no caso de ABANCA, para que poidan ofrecer servizos de maior calidade e que aporten un valor diferencial e único aos consumidores, sacando adiante programas de éxito”.
Sobre ABANCA
ABANCA é a entidade financeira líder no noreste de España. A súa proposta diferencial combina os atributos da banca minorista tradicional, como a atención persoal a través da súa rede de oficinas, coas novas posibilidades que ofrece a dixitalización para operar en calquera momento e lugar a través de diferentes dispositivos. A entidade basea a súa actividade no coñecemento das necesidades do cliente en nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes. A especialización, con unidades diferenciadas para os distintos segmentos de clientes, a internacionalización – con presenza en España e outros dez países de Europa e América- e o compromiso social, son outras das sinais de identidade dun dos bancos máis solventes do sector.
Sobre Mastercard
Mastercard (NYSE: MA), www.mastercard.com, é una empresa de tecnoloxía na industria global de medios de pago. Opera a rede de procesos de pago máis rápida do mundo, conectando a consumidores, institucións financeiras, comerciantes, gobernos e empresas en máis de 210 países e territorios. Os produtos e solucións de Mastercard posibilitan as actividades comerciais diarias, tales como comprar, viaxar, dirixir un negocio e xestionar as finanzas de forma fácil, segura e eficiente para todo o mundo.