ABANCA logra a certificación internacional FIDO para o seu servizo Chave ABANCA
- A solución de chaves de acceso desenvolta polo banco consegue a acreditación da Alianza FIDO, o consorcio tecnolóxico global que promove estándares de autenticación en liña robustos, sinxelos e resistentes ao phishing
- Chave ABANCA permite ao usuario validar de forma segura e cómoda pagos e outras operacións importantes na banca móbil sen necesidade de contrasinais ou códigos dun só uso por SMS

Chave ABANCA permite verificar a identidade do cliente facilmente e de forma segura.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA logrou a certificación internacional FIDO para o servizo Chave ABANCA, a solución tecnolóxica de verificación de identidade dixital desenvolvida pola entidade que permite aos clientes validar operacións en banca móbil de forma segura e rápida, mediante o método de desbloqueo do seu teléfono.
A certificación FIDO (Fast IDentity Online) foi outorgada pola Alianza FIDO, a principal asociación internacional que impulsa estándares de autenticación dixital máis robustos e sinxelos que os contrasinais ou os códigos únicos. Este consorcio está integrado polas compañías tecnolóxicas líderes no mundo -Google, Apple, Microsoft, Amazon ou Visa, entre outras-, que se uniron para promover métodos de identidade dixital máis sólidos e fáciles de usar. Coa certificación FIDO a Chave ABANCA, esta alianza global acredita que a solución implementada polo banco cumpre cos máis altos estándares de verificación de identidade en liña.
Chave ABANCA está baseada na tecnoloxía de chaves de acceso, tamén coñecida como Passkey, que, en lugar de contrasinais, utiliza claves de encriptación para a autenticación dixital dos usuarios. Unha vez activado o servizo na aplicación de banca móbil, o cliente pode validar as súas operacións bancarias facilmente e de forma segura coa súa chave encriptada, confirmando a súa identidade mediante o método de desbloqueo que configurase no seu teléfono. O sistema garante a privacidade dos datos biométricos do cliente, xa que estes están gardados no seu dispositivo e unicamente el ten acceso aos mesmos.
Solución única en España
ABANCA foi a primeira entidade financeira española en implementar, en 2024, este servizo na súa app para achegar aos seus clientes un factor adicional de seguridade e axudar a protexelos fronte a intentos fraudulentos de suplantación de identidade como o phishing ou o smishing. Neste momento, máis do 42% dos usuarios de banca móbil da entidade utilizan esta solución única no sector financeiro para confirmar as súas operacións desde a aplicación.
Esta innovadora solución tecnolóxica pode activarse en apenas uns minutos desde a aplicación de banca móbil de ABANCA, e configurarse ben para un uso puntual, ben para validar as operacións máis relevantes, como envíos de diñeiro, creación de tarxetas virtuais ou consulta do CVV da tarxeta, entre outras.