• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA mostra en Santiago a mellor arte galega vinculada á emigración

  • ‘A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración’ poderá visitarse ata o 27 de xaneiro.
  • Todas as obras que se expoñen foron seleccionadas entre os fondos artísticos de ABANCA e Afundación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

06-10-2016
RSC

ABANCA e Afundación abren ao público este xoves 6 de outubro no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela a exposición ‘A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración’, que realiza un repaso pola historia da arte galega do século XX realizada fóra de Galicia, principalmente en América e Europa.

A mostra, comisariada por Carlos L. Bernárdez, reúne 44 obras de 20 artistas galegos que contan cun amplo recoñecemento tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Todas as pinturas seleccionadas forman parte dos fondos das coleccións de arte de ABANCASerás redirixido a outro sitio web e Afundación, declaradas Ben de Interese Cultural.

‘A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración’ incide na riqueza cultural que supuxo o fenómeno migratorio e a influencia que exerceu esta experiencia vital na evolución artística de cada un dos creadores escollidos.

O percorrido parte dunha das figuras chave na historia da arte galega: Castelao. A presenza da emigración é unha constante na súa obra e serve para dar paso a un segundo núcleo expositivo constituído polos artistas exiliados en América tras a guerra civil. Maruja Mallo, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro son algúns dos creadores destacados cando falamos da arte galega ao outro lado do Atlántico. A través das súas obras podemos observar cómo evoluciona a súa produción artística, na que está presente o país que deixaron atrás e a nova realidade americana, adoptando as expresións dunha sólida renovación formal que os conectan coas correntes internacionais máis avanzadas.

A exposición finaliza cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra, un colectivo que protagoniza un novo fenómeno migratorio, esta vez principalmente cara Madrid, o centro do sistema da cultura dominante, e outras cidades coma Nova Iorque ou París. Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Manuel Mampaso, Luis Caruncho, Antonio Lago Rivera ou Tino Grandío son algúns dos representantes desta segunda diáspora cuxas creacións forman parte da mostra.

Programa didáctico

O carácter divulgativo desta exposición refórzase coa aplicación de ABANCA ‘Colección de arte’, dispoñible gratuitamente para dispositivos móbiles Android e iOS. Esta ferramenta permite ampliar información sobre as obras expostas grazas á tecnoloxía de recoñecemento de imaxes con realidade aumentada. Con só enfocar a obra elixida coa cámara do noso smartphone ou tablet podemos ampliar información sobre ela, coñecer a biografía do autor, gardala en favoritos ou mesmo compartila en redes sociais.

Para reforzar a orientación didáctica deste proxecto expositivo, ABANCA e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web deseñaron tamén un amplo programa de actividades pensadas para o público infantil e xuvenil, como as visitas guiadas e os obradoiros dirixidos a centros educativos.

Horario

A exposición poderá visitarse no Centro ABANCA Obra Social da Praza de Cervantes ata o 27 de xaneiro, en horario de luns a venres de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .